Trabada finaliza as obras de reparación e pintura na Casa Consistorial

“Con esta obra, conseguimos mellorar a impermeabilización do concello e contribuír á reducción do consumo de enerxía, mellorando a eficiencia enerxética da Casa Consistorial”, explica a alcaldesa, Mayra García.


O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa do Concello.

Para esta actuación, o concello conseguiu unha subvención de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. O orzamento foi de 30.000 euros, polo que o concello aportou 10.000 euros.

Unha vez máis, foi a propia alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a que considerou idónea esta convocatoria para o concello e a que encargou a realización da memoria técnica presentada (neste caso, o concello ten o expediente número 1 de toda Galicia).

“Con esta obra, conseguimos mellorar a impermeabilización do concello e contribuír á reducción do consumo de enerxía, mellorando a eficiencia enerxética da Casa Consistorial”, explica a alcaldesa.

Por outra banda, mellora a imaxe do concello unificando a estética de todos os inmobles municipais, adaptando tamén a tonalidade e a intensidade á ‘Guía de cor e materiais de Galicia, para a zona de A Mariña e o baixo Eo para edificacións construídas ata 1960’, ao igual que na antiga escola de Trabada, na Cámara Agraria ou na escola de Vilapercide.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here