O Goberno central apoia ao Concello de Trabada co seu proxecto para aumentar servizos e crear emprego

“É un proxecto multidisciplinar e con moitas áreas de actuación, con iniciativas por e para a xente, para fixar poboación e atraer actividade económica, con medidas tamén en materia de vivenda e impulsando a cooperación público-privada”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra Garcia Bermúdez.


O Concello de Trabada conseguiu unha subvención solicitada polo goberno local para impulsar un proxecto dirixido a aumentar a atención ás persoas maiores e xerar emprego, medidas fundamentais para o reto demográfico ao que se enfrontan os concellos rurais de todo o Estado.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, realizou persoalmente a memoria deste proxecto e tramitou a solicitude da subvención, dentro dun programa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico destinado ao financiamento de proxectos promovidos por entidades locais para a innovación territorial, a reactivación da actividade socioeconómica e a loita contra a despoboación.

O Concello de Trabada foi o único seleccionado na provincia de Lugo e recibirá máis de 142.000 euros para poñer en marcha o proxecto, que incluirá diferentes iniciativas para reforzar os servizos públicos, apoiar proxectos que xeren emprego ou fomentar a transición dixital.

“É un proxecto multidisciplinar e con moitas áreas de actuación, con iniciativas por e para a xente, para fixar poboación e atraer actividade económica, con medidas tamén en materia de vivenda e impulsando a cooperación público-privada”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra Garcia Bermúdez.

“Este proxecto é un paso máis para darlle continuidade á nosa acción de goberno, desde o concello xa puxemos en marcha unha residencia de maiores pública, un Punto de Atención á Infancia, servicio de transporte gratuíto para os maiores, programas de envellecemento activo nas parroquias e varios programas de conciliación”, lembra García Bermúdez.

A alcaldesa agradece “o apoio do goberno ao noso proxecto. Son varias as axudas que acadamos porque nos inscribimos en moitos programas e agora nótase que temos un goberno no Estado sensible co medio rural e cos concellos pequenos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here