InicioOrientalTrabadaTrabada comunica á Xunta a "situación anómala e os erros na xestión...

Trabada comunica á Xunta a “situación anómala e os erros na xestión do programa ‘programa porta a porta'”

A alcaldesa, Mayra García, lembra que “este servizo chegou por primeira vez ao concello en maio, concretamente os días 4, 5 e 6 ao que se lle ampliou outro día máis, o 9, unhas semanas despois".

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, envioulle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para informarlle da “situación anómala que estamos sufrindo no noso concello co servizo ‘Coidados porta a porta’, un servizo público que implementou a Xunta”.

A alcaldesa lembra que “este servizo chegou por primeira vez ao concello en maio, concretamente os días 4, 5 e 6 ao que se lle ampliou outro día máis, o 9, unhas semanas despois. Dende o Concello, tal e como demandou a empresa adxudicataria do servizo, propuxemos o emprazamento máis idóneo para prestalo (a praza do Concello) e solicitamos o enganche da luz a pesar de ser a empresa adxudicataria a que tiña que contar cun “grupo electróxeno debidamente insonorizado” que permita total autonomía e teña a potencia necesaria para o correcto funcionamento da unidade móbil, tal e como se recolle nos pregos”.

“Sen embargo, e coa única finalidade de colaborar, obviamos este apartado e fomos nós os que aportamos o punto de luz. Tamén ofrecimos á empresa adxudicataria que a través de Servizos Sociais do Concello se xestionaran as citas, pois entendimos que era o máis acertado ante diferentes queixas dos usuarios de que chamaban aos números de teléfono que indicaban e non contestaba ninguén, punto no que a empresa non estivo de acordo”, aclara.

Entre outros aspectos, García Bermúdez informa na carta a Rueda de que a finais de outubro a empresa adxudicataria indicoulle ao concello que cambiaba de ubicación e que se trasladaba ao aparcadoiro da empresa ‘Instalaciones Blanco Villar’, e que dende a empresa adxudicataria do servizo se ocupaban de coordinar as citas e de informar aos pacientes do cambio.

“O cal sorprendeume por dúas razóns: porque é un emprazamento privado e porque o responsable da empresa é o secretario xeral do PP de Trabada”, afirma García Bermúdez, que mantivo unha conversa telefónica co delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, informando do cambio pretendido. “Revertimos a situación e o camión estará situado nun lugar público, na praza do Concello”, explica.

Por outra banda, a semana pasada o grupo municipal do PP enviou un impreso ás vivendas de Trabada, “ofrecéndolles a posibilidade de concertarlles unha cita poñéndose en contacto cos dous concelleiros do Partido Popular”.

A alcaldesa pregúntalle ao presidente da Xunta de Galicia, “dende cando un servizo público se xestiona por particulares que non teñen ningún vínculo coa Administración? Ou é que a Xunta de Galicia está ao servizo do Partido Popular? Por que permiten que os concelleiros do PP xestionen as citas e non permiten que se xestione dende Servizos Sociais do Concello?”

“Espero que adopte as medidas necesarias para poñer fin a esta situación irregular”, afirma a alcaldesa.

Mayra García Bermúdez remata a carta solicitándolle a Alfonso Rueda “o que dende o grupo municipal socialista aprobamos coa abstención do Partido Popular, que era poñer en marcha o Programa Coidados Porta a Porta de forma permanente, dotándose de unidades móbiles propias que era poñer en marcha o Programa Coidados Porta a Porta de forma permanente, dotándose de unidades móbiles propias ou utilizando as infraestruturas xa existentes en cada un dos Concellos, especialmente os centros de saude, ou outro tipo de locais municipais debidamente acondicionados, coa finalidade de reducir os costes estructurais, evitando desta forma o gasto excesivo de aluguer, que ascende a 7.000 euros á semana por cada unha das oito unidades móbiles”.

“Tamén pedimos que a Xunta de Galicia informe aos Concellos sobre a duración das consultas para axudar a solicitar as mesmas aos veciños a través dos servizos sociais municipais, ante as numerosas queixas de veciños indicando que chamaban ao número de teléfono establecido nos carteis para solicitar as citas e non contestaba ninguén, e coa finalidade de que este servizo chegue a toda a veciñanza, sobre todo aos que non teñen medios de transporte para realizar os desprazamentos ao lugar donde se instale a unidade móvil; e que se efectúe o control do cumprimento do contrato asinado coa empresa adxudicataria do servizo, xa que non está cumprindo os pregos de prescripcións técnicas para a adxudicación ao obrigar aos Concellos a dotar dun enganche de luz, cando teñen a obriga de dispoñer dun grupo electróxeno debidamente insonorizado que permita total autonomía e teña a potencia necesaria para o correcto funcionamento da unidade móbil”, remata a carta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...