O delegado do Goberno visita Trabada para ver as obras na Escola de Vilaperdice xunto coa alcaldesa

“Agradezo a colaboración do Goberno de España co noso concello, apoiando varios proxectos e amosando sensibilidade coas necesidades do rural”, afirma a alcaldesa Mayra García Bermúdez  


A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, visitaron hoxe a antiga escola unitaria de Vilapercide, rehabilitada para uso público e social.

No ano 2020, o goberno municipal conseguiu unha subvención por importe de 26.963,08 euros para a rehabilitación deste inmoble en Vilapercide, financiada con fondos que transfire o Goberno do Estado á Xunta (neste caso os fondos de vivenda do Plan 2018-2021 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana). O concello aportou con cargo a fondos propios outros 11.786,92 euros.

Non é a única axuda deste tipo que conseguiu, pois xa rehabilitou outra vivenda en Sante e neste momento executa as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela.

Dende o Concello de Trabada agradecemos a colaboración que ten o Goberno de España co noso Concello, agora nótase que temos un goberno sensible coas necesidades do rural”, asegurou García Bermúdez.

A semana pasada, coñecíase a resolución da subvención conseguida polo goberno local para impulsar un proxecto dirixido a aumentar a atención ás persoas maiores e xerar emprego, medidas fundamentais para o reto demográfico ao que se enfrontan os concellos rurais de todo o Estado.

Parte deste proxecto desenvolverase desde o edificio da antiga escola unitaria de Vilapercide. O Concello de Trabada foi o único seleccionado na provincia de Lugo e recibirá máis de 142.000 euros para poñelo en marcha, con diferentes iniciativas para reforzar os servizos públicos, apoiar proxectos que xeren emprego ou fomentar a transición dixital.

OUTROS PROXECTOS 

Trabada beneficiase tamén do programa Campus Rural, unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que permite a estudantes universitarios de calquera titulación oficial realizar prácticas formativas no medio rural.  

O concello tamén está adherido ao programa Ruraltic, do Ministerio def Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que é unha ferramenta ao servizo dos cidadáns de pequenos concellos de España. Contará con dous funcionarios do Miteco durante dúas semanas para acercarlle as novas tecnoloxías á veciñanza, sobre todo aos maiores.  

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here