InicioOrientalTrabadaA alcaldesa de Trabada pide en Madrid "unha discriminación positiva para financiar...

A alcaldesa de Trabada pide en Madrid “unha discriminación positiva para financiar os concellos pequenos”

García Bermúdez participa este xoves representando ao Concello de Trabada na Comisión de Despoboación e Reto Demográfico da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), na que se está elaborando o novo Estatuto dos Concellos Pequenos.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, reivindicou hoxe en Madrid “unha discriminación positiva no financiamento local para os concellos pequenos, que son a maioría do país”.

García Bermúdez participa este xoves representando ao Concello de Trabada na Comisión de Despoboación e Reto Demográfico da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), na que se está elaborando o novo Estatuto dos Concellos Pequenos.

O Estatuto permitirá contar cunha lexislación que fexibilice o cumprimento normativo aos concellos pequenos, coa finalidade de simplificar a tramitación administrativa e adaptarse á realidade das necesidades destes municipios. “Moitas veces non contamos nin con recursos económicos nin humanos, pero pese a estas deficiencias somos os garantes de que os servizos públicos chegan aos nosos veciños e veciñas”, explica García Bermúdez.

No encontro, o secretario de Estado para o Reto Demográfico, Francisco Boya, fixo un repaso das medidas realizadas e dos recursos postos a disposición das comunidades autónomas e os concellos nos últimos meses.
 
“Temos un goberno con sensibilidade hacia o mundo rural que desenvolve medidas necesarias para promover un reequilibrio da ocupación do territorio”, apunta a alcaldesa de Trabada, que considera que “ademais do cambio de óptica hacia o mundo local da Administración Xeral do Estado, é necesario un mellor reparto hacia os concellos pequenos dos fondos transferidos ás comunidades autónomas”.

García Bermúdez felicitou a Boya polos feitos conseguidos e polas próximas iniciativas que prevén convocar directamente para os Concellos pequenos. Por outra parte, no ano 2023 dotarase de banda ancha todo o territorio estatal.

APOIO ESTATAL A TRABADA

O mes pasado, coñecíase a resolución da subvención conseguida polo goberno local para impulsar un proxecto dirixido a aumentar a atención ás persoas maiores e xerar emprego, medidas fundamentais para o reto demográfico ao que se enfrontan os concellos rurais de todo o Estado.

O Concello de Trabada foi o único seleccionado na provincia de Lugo e recibirá máis de 142.000 euros para poñelo en marcha, con diferentes iniciativas para reforzar os servizos públicos, apoiar proxectos que xeren emprego ou fomentar a transición dixital.

Trabada beneficiase tamén do programa Campus Rural, unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), que permite a estudantes universitarios de calquera titulación oficial realizar prácticas formativas no medio rural.

O concello tamén está adherido ao programa Ruraltic, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que é unha ferramenta ao servizo dos cidadáns de pequenos concellos de España. Contará con dous funcionarios do Miteco durante dúas semanas para acercarlle as novas tecnoloxías á veciñanza, sobre todo aos maiores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...