InicioOrientalTrabadaA alcaldesa de Trabada acusa de "falta de respecto insititucional" que o...

A alcaldesa de Trabada acusa de “falta de respecto insititucional” que o delegado da Xunta comunique unha visita ao concello menos de 24 horas antes

“Curiosamente a visita foi o mesmo día e a mesma hora que a xunta de goberno da Deputación de Lugo, que se celebra semanalmente. Causalidade ou non, é unha vez máis unha mostra da falta de respecto institucional do delegado”, afirma a alcaldesa, Mayra García Bermúdez. 

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, considera “unha falta de respecto institucional” que o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, informe dunha visita a unha obra realizada no concello con menos de 24 horas de antelación.

O gabinete do delegado da Xunta informou ao concello o mércores ás 16:00 horas da visita o pasado xoves, ás 11:00 horas, ás obras realizadas na ponte que une a parroquia trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita.

“Curiosamente a visita foi o mesmo día e a mesma hora que a xunta de goberno da Deputación de Lugo, que se celebra semanalmente. Causalidade ou non, é unha vez máis unha mostra da falta de respecto institucional do delegado”, afirma García Bermúdez.

A alcaldesa propúxolle facer a visita pola tarde ou o luns ou martes da semana que vén, pero foi imposible debido á axenda do delegado da Xunta. “Se organiza o seu traballo con varios días de antelación, non ten xustificacion que avise dunha visita a un concello unhas horas antes”, remata. Non é a primeira vez que o delegado da Xunta, Javier Arias, visita o Concello de Trabada avisando só unhas horas antes.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...