InicioOccidentalViveiroComezan as obras no vial de Campo de Verde en Viveiro para...

Comezan as obras no vial de Campo de Verde en Viveiro para a súa ampliación

O BNG de Viveiro anuncia nun comunicado o inicio das obras no Vial dos Verdes que o atribúe á presión da veciñanza.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro sinala que as insistencias da veciñanza, en prensa e no pleno municipal, conseguiron que deran comezo as obras para o ensanchamento do vial de Campo de Verde en apenas uns meses despois de “anos e anos acumulando sustos e preocupacións ao non poder entrar vehículos de emerxencias como bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso servizos básicos como é o habitual servizo de recollida de lixo”.

Os nacionalistas criticaban a postura da alcaldesa, María Loureiro, quen expoñía o argumentario de “sen PXOM non podemos facer nada”. A portavoz do BNG, Míriam Bermúdez, falaba de buscar “atallos” legais necesarios que permitiran o ensanchamento do vial sen agardar pola suposta aprobación do PXOM, que tamén precisaría doutros informes externos favorables para poder realizalo.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...