InicioPolíticaO PP reclama que o Goberno central resolva a "chapuza" dos tren...

O PP reclama que o Goberno central resolva a “chapuza” dos tren FEVE nos prazos comprometidos

Piden que se cuantifique o atraso concreto que sufrirá a renovación da frota, "que podería superar os dous anos ante a necesidade de deseñar e construír novos trens".

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Popular de Galicia rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para demandar ao Goberno de España que “asuma as responsabilidades políticas oportunas ante a chapuza que impide renovar a frota de trens da rede estatal de vía estreita (FEVE) nos prazos inicialmente comprometidos”.

Esta é unha mostra máis da evidente falta de compromiso e desinterese do Ministerio de Transportes por este servizo público que, no caso de Galicia, opera no norte das provincias de Lugo e da Coruña. Concretamente, comunica os concellos costeiros da Mariña lucense, Ortegal e Ferrolterra, como continuidade dunha rede que une Galicia con Asturias, Cantabria e o País Vasco”, defendeu o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro.

Na iniciativa parlamentaria piden que se cuantifique o atraso concreto que sufrirá a renovación da frota, “que podería superar os dous anos ante a necesidade de deseñar e construír novos trens que poidan operar en todos os treitos, tras o erro na medición dos gálibos que impiden o seu paso polos túneles”.

Para depurar responsabilidades, debe producirse o cesamento dos cargos políticos responsables desta decisión e non é suficiente coa marcha do equipo técnico que traballou na contratación da nova maquinaria“, sinalan.

Balseiro lembrou que nos últimos anos multiplicáronse as queixas polas deficiencias nesta liña “e que non proceden só dos pasaxeiros deste servizo ferroviario e dos representantes dos municipios que percorre, senón tamén dos propios traballadores, que denuncian recortes en materia de persoal e nas tarefas de mantemento e modernización da rede”

A realidade é que a día de hoxe asistimos a un progresivo desmantelamento deste servizo: non se recuperaron os horarios e frecuencias suprimidas polo Ministerio durante a pandemia e son incapaces de facer unha planificación de reforzo nas épocas de maior demanda, como pode ser o verán ou os festivos, provocando incomodidades por falta de espazo”, engadiu. A isto súmanse, indican, as “múltiples” avarías que sofre o servizo e a decisión política de deixar de prestar servizos como o do transporte de mercadorías, que operaba para a empresa de aluminio Alcoa.

Por último, Balseiro pediu “un compromiso máis amplo en clave de futuro con esta liña, que pasa por elaborar un plan a longo prazo que recolla as características técnicas e os investimentos precisos para electrificar a totalidade da liña de ferrocarril de ancho métrico que opera en Galicia, nun prazo razoable de tempo, e coas condicións que permitan intensificar e mellorar o tráfico de viaxeiros e restablecer o de mercadorías”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...