InicioPolíticaEleccións locais 2023: PP maioría absoluta en Ribadeo e o PSOE perde...

Eleccións locais 2023: PP maioría absoluta en Ribadeo e o PSOE perde 3 concelleiros en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

As eleccións municipais na Mariña, co 100% do voto escrutado, debullan un panorama que ofrece cambios nalgunhas corporacións.

O caso de Ribadeo ofrece unha viraxe importantísima outorgándolle ao PP con Daniel Vega á cabeza, a maioría absoluta con 7 concelleiros. O BNG, até o de agora o partido da alcaldía, perde dous concelleiros quedando en 5. Pola súa parte o PSOE ribadense baixa de dous a un representante.

Viveiro ofrece un panorama en que ningún partido ten a maioría absoluta de nove concelleiros. Porén, o PP acada os 7 representantes fronte a un PSOE que perde 3 quedando en 5 concelleiros. Pola súa parte, o BNG pasaría dun a tres e Por Viveiro tería 2 representantes.

Xove rompe co “bipartidismo” entre PP e BNG dos últimos mandatos. O primeiro, liderado por Demetrio Salgueiro mantén a maioría absoluta máis un con sete concelleiros. O BNG pasa de 4 a 3 e o PSOE entra cun representante.

Alfoz, cuxa maioría absoluta está en 5 concelleiros, reparte os seus edís entre PSOE, Vía Alfoz e PP con 3 representantes cada un. Pola súa parte, O Valadouro, tamén con maioría en 5, presenta un abano de 4 concelleiros para o PP, 2 PSOE, 2 BNG e 1 de UDIVAL.

Barreiros podería ver a Ana Ermida repetir como alcaldesa cos cinco concelleiros do BNG se recibe o apoio do edil que ten o PSOE. O PP ten 5 representantes. Os resultados son iguais ás eleccións de 2019.

Burela presenta un empate a 5 concelleiros entre PP e PSOE cun BNG con dous e Son Burela entra no consistorio cun representante.

Mondoñedo seguirá gobernado polo PP que perde dous representantes mais non a maioría absoluta de 6. O PSOE queda con 3 e o BNG suma 2.

Foz continúa con 7 concelleiros para o PSOE, 6 para o PP e o BNG aumenta a súa representación pasando de 3 a 4 edís.

Trabada continuará co PSOE no goberno con 6 representantes, un máis que a maioría absoluta e o PP pasa de 2 a 3.

Ourol queda con 5 edís para o PSOE, un máis que a maioría absoluta e o PP sobe de 1 a 2 concelleiros.

En Lourenzá o PSOE consegue 7 concelleiros, superando nun a maioría absoluta. O PP mantense en 3 edís e o BNG queda nun representante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...