InicioPolíticaPontón visita Foz para proclamar que "cada deputado máis do BNG é...

Pontón visita Foz para proclamar que “cada deputado máis do BNG é un deputado menos do PP”

A portavoz nacional do BNG reivindicou ao Bloque como "a mellor maneira de frear a un PP de ganchete coa extrema dereita".

Publicada o

- Advertisement -

portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou ao Bloque como “a mellor maneira de frear a un PP de ganchete coa extrema dereita” porque “cada deputado máis do BNG é un deputado menos do PP; cada escano máis do BNG é un escano menos para o PP”.

Nun acto de campaña no municipio lucense de Foz, Pontón aproveitou a visita de Alberto Núñez Feijóo este domingo a Galicia para destacar que na comunidade galega coñecen “moi ben” que pasa cando goberna o PP de Feijóo: “Menos rural, menos sanidade pública, menos emprego, menos vivenda, menos dereito, máis emigración, máis precariedade, máis débeda pública, máis ataques á nosa lingua e á nosa cultura“.

Un Feijóo, censurou, que quere gobernar con “a extrema dereita machista, racista e profundamente antigalega“, lembrando que o propio candidato popular declaraba cando era presidente da Xunta que non tiña “intención de pactar con Vox”. “E aí o tendes, aliado da extrema dereita antigalega, que quere acabar coas nosas institucións, que quere ata prohibirnos falar a nosa lingua, pero non llo imos a permitir”, proclamou.

Durante o mítin en Foz, a líder do Bloque foi “desmontando” a Feijóo contrapondo “o que di en campaña co que fixo en Galicia”. “Cando fala da España baleirada, temos que lembrarlle que aquí deixou un rural despoblado e abandonado; cando fala de que a mocidade se marcha, temos que dicirlle que aquí provocou a emigración masiva de 200.000 mozos, tanto do rural como das cidades, porque as súas políticas só ofrecen paro ou precariedade”, argumentou.

Por todo isto, Pontón reivindicou que “hai que quitarlle escanos ao PP para darllos ao BNG, empezando aquí en Lugo, con Daniel Castro”, onde, segundo apuntou, os nacionalistas disputan un deputado ao PP, “pero tamén en Ourense, en Pontevedra e na Coruña”.

“Por iso pido encher as urnas de votos ao BNG e conseguir un grupo galego forte capaz de facer valer Galicia en Madrid e de frear ese tándem PP ultra de ganchete coa extrema dereita antigalega que nos quere prohibir ser o que somos. Non llo imos permitir!”, insistiu.

“O MOMENTO” DO BNG

Ademais, Pontón destacou que este é “o momento do BNG e o momento de Galicia”, por moito, dixo, “que queiran reducir a campaña ao bipartidismo Sánchez-Feijóo”.

Así, sinalou que está en xogo “ter máis peso político ou ser ignorado. “Defender o noso ou seguir soportando a discriminación das forzas estatais”, engadiu, antes de dicirlle “a todas as persoas que queren a este País” que a súa “alternativa” é o BNG, “a única forza coas mans libres para facer respectar Galicia en Madrid”.

“Pídolle a todos os galegos e galegas que o 23J voten con ilusión, con esperanza, que voten por un grupo galego forte, sabendo que o BNG non lles vai a fallar. Votemos coa cabeza e co corazón en Galicia”, concluíu.

Pola súa banda, a cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro, puxo o foco na “inutilidade” política dos 66 deputados que foron pasando polo Congreso, pero que “nada fixeron por mellorar a provincia”.

Segundo Castro, “non porque sexan menos listos ou traballadores, senón porque fan o que lles mandan desde Xénova e Ferraz onde nin A Mariña nin Lugo lles importan nada”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...