InicioPolíticaFormoso defende a xestión do Goberno central que "garantiu a continuidade" de...

Formoso defende a xestión do Goberno central que “garantiu a continuidade” de Alcoa en San Cibrao

"Foron os traballadores e traballadoras da planta, da man do goberno de España, os que decidiron apostar polo futuro da Mariña e polo futuro industrial de Galicia", dixo o secretario xeral do PSdeG.

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou este mércores a xestión do Goberno de España, que “garantiu a continuidade” da planta de Alcoa en San Cibrao fronte á “pasividade” da Xunta. Así o manifestou tras un encontro co Comité de Empresa da factoría xunto coa candidatura do PSdeG por Lugo encabezada por José Ramón Gómez Besteiro e o secretario de Emprego do PSdeG e delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

No encontro, do que informou o PSdeG nun comunicado, o responsable socialista sinalou que o mantemento da planta grazas ao acordo a tres bandas do goberno, traballadores e empresa constitúe un “modelo de como xestionar unha crise” que se impuxo á campaña da Consellería de Industria en contra deste pacto para investir 180 millóns de euros e reactivar a planta en 2024.

“Foron os traballadores e traballadoras da planta, da man do goberno de España, os que decidiron apostar polo futuro da Mariña e polo futuro industrial de Galicia”, reinventando o complexo cun investimento para modernizar a planta e garantir a súa continuidade nas próximas décadas, sinalou.

O xefe de filas do PSdeG destacou que o acordo a tres bandas concluíu dunha forma “que o PP non sabe conxugar, que é a concertación social” e o acordo entre todas as partes. Así, contrastou a aposta pola continuidade dos postos de traballo e o talento da mocidade coa falta de xestión da Xunta, responsable dun sector industrial que “adoece” e que segundo o CES supuxo a perda de 80.000 postos de traballo nos últimos 10 anos.

TRIPLA TRAIZÓN A MARIÑA

Pola súa banda, a cabeza de lista dos socialistas pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, destacou o compromiso de Pedro Sánchez co futuro dunha factoría que move o 30% da economía da provincia e que forma parte da que sinalou como “tripla traizón” do PP á comarca da Mariña.

O responsable socialista destacou que a falta de apoio de goberno de Feijóo para buscar o futuro de Alcoa, ao que responderon o “reclamo” da planta de Altri que finalmente proxectaron fóra da comarca e co peche de Vestas, onde a Xunta “non fixo absolutamente nada e mirou para outro lado”.

Besteiro explicou que a comarca da Mariña é a mostra dos “déficits da política de Feijóo” na súa etapa como presidente da Xunta, que contrastan coa “implicación do goberno de Pedro Sánchez”. “O goberno de Pedro Sánchez cumpre e Feijóo incumpre coa Mariña”, resumiu,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...