InicioPolíticaO PP reclamará ao Goberno central a gratuidade e a electrificación do...

O PP reclamará ao Goberno central a gratuidade e a electrificación do tren entre Ferrol e Ribadeo

Jaime de Olano aproveitou para lamentar os acordos do PSOE con ERC e co BNG para a investidura de Pedro Sánchez: "Galicia paga, Cataluña gaña".

Publicada o

- Advertisement -

Deputados e senadores do PP levarán ás Cortes Xerais iniciativas para reclamar a gratuidade e a mellora técnica, a través da electrificación, dos servizos ferroviarios de ancho métrico que operan entre Ferrol e a comarca lucense da Mariña. Así o avanzaron parlamentarios autonómicos e estatais do PP que se concentraron este sábado na estación de tren de Ribadeo, para reclamar “o mesmo trato” que as comunidades de Asturias e Cantabria.

Segundo o deputado no Congreso por Lugo Jaime de Olano, hai un “agravio” coas autonomías veciñas porque, ante os atrasos na entrega dos novos trens, o Goberno central aprobou para elas a gratuidade do servizo ata 2026. “Os da Mariña e Ortegal temos que pagar”, lamentou. Os populares lamentan tamén os “recortes” en persoal e en horarios e frecuencias, singularmente desde a pandemia. Neste sentido, o deputado autonómico José Manuel Balseiro cualificou a da Mariña como “a liña da vergoña”.

Ademais, Jaime de Olano aproveitou para lamentar os acordos do PSOE con ERC e co BNG para a investidura de Pedro Sánchez: “Galicia paga, Cataluña gaña”. Así, instou ao deputado do PSdeG-PSOE por Lugo e candidato á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, que formou parte do equipo negociador para a investidura, a votar a favor destas iniciativas á vez que lle acusou de “beneficiar” a Sánchez ante “os intereses dos galegos”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...