InicioPolíticaO PSdeG esixirá datas concretas á Xunta para as obras da AVC

O PSdeG esixirá datas concretas á Xunta para as obras da AVC

O PSdeG sinala que a VAC Costa Norte, anunciada polo goberno presidido por Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro en 2001, tiña que ser finalizada en 2007, pero foi "abandonada" nun caixón ata que chegou o goberno do socialista Pérez Touriño.

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Socialista esixirá no Parlamento de Galicia á Xunta prazos e orzamento para desbloquear e acometer a vía de alta capacidade Costa Norte da Mariña, unha infraestrutura “estratéxica” pola que denuncia que o PP “non fixo nada” nos últimos case 15 anos.

En concreto, por unha banda, a deputada Patricia Otero reclamará ao Goberno galego no próximo pleno da Cámara previsións concretas para as obras e, por outro, nos próximos días os socialistas rexistrarán emendas aos orzamentos para 2024 co obxectivo de que inclúan as partidas económicas suficientes para acometer esta infraestrutura.

En comunicado, os socialistas sinalan que os únicos tramos executados –as variantes de Xove e de Ortigueira– son froito da xestión do PSdeG, un feito que trasladan como a “garantía” de que cando José Ramón Gómez Besteiro “presida a Xunta” daralle “prioridade” e será a primeira obra que leve a cabo.

Así mesmo, o PSdeG pídelle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que “deixe de mentir” e de “botarlle a culpa aos demais”, porque “se ten paralizada a vía de alta capacidade é porque castiga á Mariña”.

Se a conselleira fose responsable e se aplicase o conto daría prazos e orzamento para a VAC Costa Norte, diría cando e canto, como ela está permanentemente esixindo cos trens Avril, coa ponte do Castro ou coa A-54″, sinala o PSOE, que incide en que coas súas emendas á presupostos a Xunta ten “a oportunidade de rectificar”.

O PSdeG sinala que a VAC Costa Norte, anunciada polo goberno presidido por Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro en 2001, tiña que ser finalizada en 2007, pero foi “abandonada” nun caixón ata que chegou o goberno do socialista Pérez Touriño.

Desde entón, apunta o PSOE, o PP ten esta obra parada “porque ano tras ano consigna partidas económicas nos orzamentos que nunca executa”. “No canto de desbloquear os nove tramos que aínda quedan pendentes, o Goberno galego trata de responsabilizar á alcaldesa de Viveiro, que tivo que adaptar a PXOM á modificación imposta pola Xunta”, indican.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...