InicioPolíticaAna Pontón acusa a Goberno e Xunta de non intervir Alcoa por...

Ana Pontón acusa a Goberno e Xunta de non intervir Alcoa por “falta de vontade política”

Durante a súa intervención, Pontón observou que hai poucos días púidose comprobar como a multinacional "incumpría os acordos" cos traballadores, concretamente, con algunhas dos investimentos máis potentes, singularmente, o novo forno que é "clave" para o funcionamento da fábrica.

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional e candidata do BNG, Ana Pontón, fixo este xoves unha visita ao municipio de Barreiros, onde tamén se atopou coa súa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, para coñecer as necesidades deste concello da Mariña. Precisamente, e referido a esta comarca, a líder nacionalista asegurou que se é presidenta da Xunta comprométese a pór encima da mesa unha “intervención pública” en Alcoa, como fixo o goberno con Telefónica tras adquirir o 10 por cento das súas accións.

Así, en declaracións aos medios, Pontón incidiu en que “o único que se necesita é vontade política”. “Se houbo vontade política para Telefónica, ten que haber tamén para Alcoa, porque está en xogo o futuro de toda a comarca da Mariña, está en xogo o futuro dunha parte de Galicia e é unha actividade estratéxica no noso país“, salientou.

Desta maneira, manifestou que “está en xogo o futuro” da Mariña e de parte de Galicia e unha “actividade estratéxica”, polo que o BNG e ela como candidata á Presidencia da Xunta tómanse esta cuestión “moi en serio”.

“É un tema no que hai que envorcarse e un tema no que debemos estar aí. A nosa proposta é clara, se son a próxima presidenta de Galicia, poremos sobre a mesa unha intervención pública na que participen Xunta e Estado e que garanta o futuro dunha industria estratéxica para Galicia, pero tamén estratéxica para Xunta”, manifestou.

“INCUMPRIMENTO DE ACORDOS

Durante a súa intervención, Pontón observou que hai poucos días púidose comprobar como a multinacional “incumpría os acordos” cos traballadores, concretamente, con algunhas dos investimentos máis potentes, singularmente, o novo forno que é “clave” para o funcionamento da fábrica.

“Vemos unha vez máis como Alcoa incumpre coa Mariña e deixa en albis aos traballadores e ás traballadoras, pero tamén ao conxunto da comarca, porque sabemos a transcendencia que ten para o futuro da Mariña que se siga mantendo o emprego e actividades da única fábrica de aluminio que hai no conxunto do Estado español”, salientou.

PORSE Á FRONTE”

Pontón incidiu en que se trata dunha cuestión que “require que os gobernos se poñan á fronte para garantir que non imos estar ao albur dos caprichos dunha multinacional”, a cal, ademais, está “a incumprir os seus acordos”.

Por iso, a líder do Bloque defende que, desde que empezaron a detectarse problemas, os nacionalistas defenderon que “a solución tiña que porse encima da mesa é unha intervención pública que garantirá o futuro dunha actividade que é moi importante para A Mariña e que tamén é moi importante para o conxunto de Galicia”.

“Quero adquirir un compromiso moi claro e é que, se son presidenta, imos pór sobre a mesa unha intervención pública en Alcoa que garanta o emprego e actividade económica da única fábrica de aluminio que hai no conxunto do Estado, porque é un sector estratéxico, porque é necesario facelo e porque é posible facelo. O único que se necesita é vontade política”.

EDAR DE BARREIROS

“O meu compromiso se teño a responsabilidade de ser a próxima presidenta de Galiza é asumir a construción dunha nova depuradora para Barreiros. E quero ser moi clara neste asunto: como presidenta da Xunta poñerei  a disposición de Barreiros os fondos  para construír a depuradora de augas que tanto precisa, porque é de xustiza con todos os veciños e veciñas. Por iso terán nos orzamentos a partida para construír a depuradora e, cun goberno liderado polo BNG, imos dar a solución a un problema gravísimo creado polo PP”, explicou.

Fronte a un goberno do PP que está discriminando aos veciños e ás veciñas de Barreiros, simplemente porque e un concello gobernado polo Bloque, “no BNG entendemos que ten que haber un trato igualitario, sexa cal sexa a cor política porque non se pode discriminar a ninguén por a quen vote”, indicou.

A depuradora precisa un investimento de 4 M€ que loxicamente non pode pagar a veciñanza, indicou, senón que debe ser asumida polo goberno da Xunta, e así o propuxo a formación nacionalista no Parlamento, proposta que foi votada en contra polo PP. “No Bloque defendemos que hai que tratar con xustiza a este concello e con equidade os veciños e as veciñas igual que ao resto de concellos do país”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...