O PP de Burela presentou a Manuel Rouco como candidato ás vindeiras eleccións municipais, “tal e como acordaron de xeito unánime os membros da xunta directiva local”, segundo expón o partido conservador.
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, e o secretario xeral dos populares a nivel galego, Miguel Tellado, arrouparon ao alcaldable na súa presentación. Tamén estiveron presentes o secretario xeral do PP lucense, Carlos Armesto; membros da xunta directiva e do grupo municipal popular.
Enxeñeiro agrónomo de 42 anos, o candidato do PP asegurou que aspira a “facer posible un cambio de rumbo” para “recuperar catro anos perdidos, logo de que o Concello non impulsara ningún proxecto”.
Rouco critica “as promesas incumpridas” do goberno socialista e afirma que “a veciñanza de Burela precisa feitos, realidades e certezas”, asegura.
DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL
O candidato popular explica que “preciso que o Concello nos facilite o día a día a través de pequenas xestións e tamén que execute proxectos realistas e necesarios”, sostén.
“É o caso do PXOM, que debe ser desenvolto e mellorado con modificacións e tamén o do polígono industrial, que é necesario para o asentamento de empresas”, expón.
Neste senso, Rouco lamenta que “Burela deixou de ser o líder indiscutible do crecemento demográfico na Mariña Lucense”.
TURISMO E PESCA
A dinamización dos sectores comercial, turístico, pesqueiro e forestal foi outra das preocupacións apuntadas polo candidato.