InicioPolíticaMarta Saiz abandoa Ciudadanos e seguirá como edil non adscrita en Ribadeo

Marta Saiz abandoa Ciudadanos e seguirá como edil non adscrita en Ribadeo

A concelleira marcha do partido de centrodereita porque "estase a formar unha candidatura e non quero ser un obstáculo"

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Ciudadanos en Ribadeo, Marta Saiz, anunciou que abandoa esta formación, pero seguirá mantendo a súa acta como edil no grupo dos non adscritos ata finais do actual mandato municipal.

A edil ribadense confirmou que “este luns iniciei os trámites para causar baixa voluntaria nesta formación, na que estiven traballando nos últimos catro anos”. Saiz foi candidata á alcaldía de Ribadeo de 2015 polo partido que encabeza Albert Rivera.

DECISIÓN “DE HAI MESES”

Segundo parece, Ciudadanos está tentando formar unha candidatura de cara as vindeiras eleccións municipais. Como eu non quero ser un obstáculo, prefiro dar un paso ao lado, xa que decidín hai varios meses non continuar formando parte deste proxecto político”, argumenta.

Saiz concluíu que, “como sempre fixen, vou seguir traballando por Ribadeo e polos seus veciños e veciñas, pero agora como concelleira non adscrita”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...