O BNG de Viveiro presentou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal, na que insta á Xunta de Galicia a reforzar o persoal no centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) viveirense.
Os nacionalistas resaltan que na quenda vespertina “hai 4.714 tarxetas sanitarias, tres médicos e dous cupos”, polo que esixen “a creación dunha cuarta praza médica de tarde”.
Para o PAC, que atende a pacientes de Viveiro, O Vicedo e Ourol, o partido frontista solicita a dotación de dous equipos completos con persoal médico e de enfermería os 365 días do ano.
OUTROS PUNTOS
O aumento do orzamento a sanidade, a eliminación das listaxes de agarda coa contratación de persoal, a recuperación das xerencias de atención primaria, a reversión das privatizacións dos servizos sanitarios ou a supresión dos copagos farmacéuticos son outros dos puntos do documento presentado polo grupo municipal do BNG.