InicioPolíticaO PP dá por "zanxada" a crise política en Viveiro, aínda que...

O PP dá por “zanxada” a crise política en Viveiro, aínda que sen adiantar candidato

Trala demisión do voceiro e cabeza de listaxe en 2015, unha xunta xestora presidida por Jaime de Olano encargarase de buscar alcaldable

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PP de Lugo, Carlos Armesto, asegurou este luns que “están perfectamente canalizadas” as saídas de Julia Rodríguez como presidenta dos populares de Monforte de Lemos e de Antonio Bouza, voceiro municipal en Viveiro, que marchan por diferenzas coa dirección provincial.

O número dous dos populares de Lugo adiantou que este luns, ás cinco da tarde, presentarase ao candidato á alcaldía e presidente da xestora, Miguel González Lemos.

En Viveiro, onde o voceiro anunciou a pasada semana que dimitía dos seus cargos, non hai, por agora, candidato. Armesto fixo especial fincapé na rapidez para “a posta en marcha” dunha xestora, que preside o parlamentario nacional Jaime de Olano, sobre quen recaerá a responsabilidade de “elaborar un candidato e unha lista alternativa”.

TRES RENUNCIAS EN TRES MESES

Antonio Bouza, candidato nas eleccións de 2015, renunciou a principios de xaneiro a ser cabeza de lista pola “falta de confianza” mostrada pola dirección do partido.

Finalmente, demitiu como edil -xunto á concelleira Cristina Goás– e como voceiro dos populares por discrepancias co delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro.

As demisións de Goás e de Bouza súmanse á presentada no pasado mes de novembro pola edil Chus Vale, moi crítica coa xestión da Xunta de Galicia da riada que custou unha vítima mortal en Xunqueira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...