O voceiro do Partido Popular (PP) no Senado, José Manuel Barreiro, mantivo unha xuntanza no pobo focego de Nois con representantes dos populares e con veciños para asegurarlles que, dado o deficiente estado da N-642, “pediremos (ao Goberno central) que execute o que está previsto nos orzamentos de 2018, tanto para o arranxo como para a nova autovía A-74”.
Barreiro asegurou que trasladará estas demandas ao secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, nunha xuntanza que será o vindeiro luns na sede de Adif.
Con todo, o senador popular matizou que a este ano xa se habilitou unha partida de urxencia de 800.000 euros para reparar aqueles treitos da N-642 que están en peores condicións. E resaltou que xa está en redacción o treito Barreiros–Foz da autovía A-74, que conectaría a capitalidade barreirense con San Cibrao. E resaltou que o PP realizou unha proposta no Senado para instar ao Goberno a “proceder cos fondos necesarios o arranxo das estradas da provincia que están en peores condicións”.
O voceiro popular no Senado tamén apuntou que, grazas ao importante paso que se deu coa aprobación das contas, o Estado inxectará 1,3 millóns de euros para a liña de ancho métrico Ferrol-Xixón.
O alcalde de Foz, Javier Castiñeiras, asegurou que “hai que trasladar a urxencia desta situación”, mentres que a rexedora de Mondoñedo e presidenta provincial dos populares, Elena Candia, afirmou que “temos que unirnos todos para reivindicar esta nacional”.
15.000 AUTOMÓBILES EN VERÁN
A estrada N-642, que vertebra a comarca da Mariña, ten un fluxo de 11.000 automóbiles diarios, que aumenta a 15.000 en verán, segundo os datos do Ministerio de Fomento. Dada esta circunstancia, urxe unha reparación do trazado, que dana a amortiguación dos vehículos e as rodas.
Ademais, o estado da vía ameaza a seguridade, posto que as fochancas ocupan nalgúns casos a práctica totalidade do carril e os conductores invaden o contrario para esquivalas. O Goberno prevía en xaneiro a reforma para principios de verán, pero por agora só se taparon algúns foxos.
Pois xa está tardando.
Se tivese que pasearse todos os días por esta estrada no seu coche oficial, segurísimo que había moito que estaba arranxada.
Verdade? Barreiro.
Cos anos volvínme ateo político, non creo en ningún deses moinantes que nos “representan” en Madrid. Barreiro vaino pedir e a ver que lle resposta o ministro do ramo, aquel que sendo alcalde defendía o AVE a Galiza e en chegando o ascenso xa matizó o tema. De todo-los xeitos non reclamara xa Feixóo o arranxo desde norte Estrada e máis da que une Lugo-Ourense? País!!!