InicioPolíticaO goberno de Alfoz presenta un orzamento que aumenta nun 15% as...

O goberno de Alfoz presenta un orzamento que aumenta nun 15% as partidas para servizos sociais

Os socialistas resaltan que as contas para 2019, que ascenden a dous millóns, son "das máis altas da historia do municipio"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno de Alfoz presentará este venres no pleno municipal a proposta de orzamentos municipais para 2019, que ascenden a dous millóns de euros

O alcalde, o socialista Jorge Val, subliña que se trata dun dos presupostos “máis altos da historia do municipio, cun incremento do 35% -700.000 euros- con respecto ao de 2015, o último orzamento do PP“. 

O rexedor subliña que “traballamos para recadar máis fondos públicos co principal obxectivo de mellorar os servizos municipais prestados á nosa veciñanza”.

ATENCIÓN A MAIORES

Unha prioridade para este goberno son os servizos sociais, por este motivo aumentamos un 15% os fondos para estas prestacións. Isto permitiranos atender a máis de 100 maiores do noso co servizo de axuda no fogar e para dependentes”, indicou o alcalde. 

INVESTIMENTOS

No tocante aos investimentos, Val precisa que hai unha partida de 630.000 euros e confía “en que se poida ampliar. Quero agradecer ao goberno provincial do PSOE na Deputación a súa implicación pois xa nos garante a súa colaboración co Plan Único. Agardo que este ano a Xunta de Galicia teña, cando menos, a mesma consideración cos veciños de Alfoz”, asegura.

MELLORAS

Este ano remataremos o proxecto de mellora de traídas de auga municipais, co que nos comprometemos ao principio do mandato, cumprindo coa palabra dada aos nosos veciños”.

Arranxaremos e acondicionaremos o firme de máis estradas, camiños e accesos municipais e instalaremos máis alumeado público nas zonas rurais, atendendo unha das maiores necesidades veciñais no municipio”, afirmou Val.

IMPULSO ÁS ASOCIACIÓNS

No referente ás actividades turísticas, deportivas e culturais subliñou que “dinamizaremos economicamente e socialmente o Concello promovendo celebracións como o Mercado Medieval“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...