InicioPolíticaA proposta do Plan Único, con case cinco millóns para A Mariña,...

A proposta do Plan Único, con case cinco millóns para A Mariña, permite pedir anticipos aos concellos

A Deputación levará o proxecto ao vindeiro pleno provincial, o 26 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo presentará no vindeiro pleno provincial -que se celebrará o martes 26 de febreiro- a proposta de Plan Único para 2019. Dos 21 millóns dos que está dotado o proxecto, prevese que 4.935.955 euros sexan destinados aos 16 concellos da Mariña Lucense, unha cantidade similar á do ano anterior

Como novidade, o goberno provincial incorpora na súa proposta un anticipo do 50% dos fondos aos concellos para inxectar canto antes no conxunto da provincia a metade do orzamento do plan, uns 10,5 millóns. De aprobarse, de seguido as administracións locais poderán solicitar este adianto e presentar os proxectos.

O obxectivo do plan, segundo resalta o goberno provincial, é “mellorar ou incrementar os servizos e prestacións públicas aos máis de 330.000 veciños dos 67 concellos de Lugo”.

Así, os fondos poderanse utilizar en novas obras en instalacións municipais, servizos sociais, emprego, iniciativas turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica e protección civil.

CRITERIOS

O orzamento total, asegura a Deputación, distribúese en base aos seguintes criterios obxectivos: poboación, superficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón máximos de 500.000 euros en Viveiro, Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria, e mínimos duns 200.000 en Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.

OBRIGAS

As administracións locais deberán destinar como mínimo o 50% dos fondos a investimentos. Isto implica que cando menos 10,5 millóns de euros sexan para novas melloras nas instalacións públicas (acondicionamento de accesos, estradas, rúas, instalacións deportivas ou culturais, traídas de auga ou alumeados públicos).

Tendo en conta a taxa de envellecemento e a necesidade de ofrecer servizos sociais aos maiores da provincia, os municipios terán que destinar un mínimo de 1,5 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes. Unha prestación “para a que a Xunta de Galicia non achega nin un só euro”, afirma o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos.

POR CADA MUNICIPIO

Aquí podes comprobar cal sería a achega a cada municipio da Mariña.

 

Alfoz

268.158,30 €

 

Barreiros

269.857,07 €

 

Burela

361.693,72 €

 

Cervo

286.904,29 €

 

Foz

410.084,18 €

 

Lourenzá

248.714,26 €

 

Mondoñedo

301.862,80 €

 

Ourol

300.918,94 €

 

Pontenova (a)

268.743,11 €

 

Ribadeo

430.058,60 €

 

Riotorto

234.354,98 €

 

Trabada

248.838,69 €

 

Valadouro (O)

282.708,15 €

 

Vicedo (O)

251.292,22 €

 

Viveiro

500.000,00 €

 

Xove

271.772,67 €

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...