InicioPolíticaVillares quere "acadar a cuarta maioría absoluta" para o PP en Cervo

Villares quere “acadar a cuarta maioría absoluta” para o PP en Cervo

O rexedor, que goberna desde 2007, resalta que na lexislatura creouse emprego e púxose en marcha o xeriátrico

Publicada o

- Advertisement -

Alfonso Villares será o candidato do PP en Cervo nas eleccións municipais do 26 de maio. O actual rexedor cervense, alcalde desde 2007, aspira a acadar a súa cuarta maioría absoluta, segundo explicou o partido conservador nun comunicado.

Veterinario de profesión, Villares entrou na corporación no 1995 da man dos populares. O alcalde asegura que pretende dar continuidade “ao modelo de municipio que construímos nestes anos”.

O rexedor cervense remarca que na lexislatura que está a piques de rematar “púxose en marcha a residencia e o centro de díacreamos novos postos de traballo nun campo que, debido ao avellentamento da poboación, é cada vez máis demandado”.

OBXECTIVOS

O popular márcase como obxectivo “seguir achegando servizos tanto na zona urbá como na rural”. Así, cita entre os aspectos a mellorar “o saneamento das diferentes parroquias”.

“COMPROMISO”

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, agradece ao alcaldable “o seu compromiso cos veciños e a eficaz xestión á fronte do ente local”. A dirixente dos populares tampouco dubida en afirmar que Villares “é o mellor candidato e alcalde que pode ter este concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...