IniciosociedadePP e BNG de Burela piden aprazar o contrato de recollida do...

PP e BNG de Burela piden aprazar o contrato de recollida do lixo ata despois das eleccións

Os populares anuncian unha emenda de substitución á moción do goberno no pleno do mércores, e os nacionalistas instan a explorar vías para municipalizar o servizo

Publicada o

- Advertisement -

O PP e mailo BNG de Burela pedirán o aprazamento, ata despois das eleccións municipais de maio, da aprobación do novo contrato de xestión de residuos, limpeza viaria e de praias e xestión do punto limpo, que o goberno municipal levará a pleno o vindeiro mércores.

Os populares anunciaron que presentarán unha emenda de substitución para que o executivo municipal paralice o expediente de contratación dos servizos.

“HIPOTECA” PARA O CONCELLO

Os conservadores consideran que o contrato, de catro anos cun de prórroga e un custo anual superior aos 800.000 euros, suporá “hipotecar as dúas próximas corporacións municipais”.

O grupo municipal do PP cifra o aumento do gasto neste eido en “184.000 euros por ano” e argumenta que “a adxudicación do mesmo é practicamente imposible antes dos vindeiros comicios, debido aos diferentes trámites que hai que levar a cabo”.

OS POPULARES CALCULAN QUE O GASTO NESTE EIDO AUMENTARÁ “184.000 EUROS AO ANO”

O Partido Popular burelao expuxo ao longo dos últimos meses que o incremento do gasto “non se traducirá dunha mellora no servizo”. Así, os conservadores critican “a obsesión” do executivo municipal por sacar adiante este contrato, o que consideran “de dubidosa equidade, ética e transparencia”.

“MANCOMUNAR” O SERVIZO

Pola súa banda, os nacionalistas instan ao goberno local a aprazar a aprobación do contrato ata despois do 26 de maio para abordar unha posible recuperación da xestión do servizo.

Malia que recoñece que a municipalización da recollida de lixo topa con “informes de custos e viabilidade dos que non dubidamos”, o BNG burelao afirma que existen outras vías para acadar este propósito que, lembra, “tanto o noso partido como o PSOE levabamos no programa electoral”.

OS NACIONALISTAS PIDEN RETOMAR NA VINDEIRA LEXISLATURA “A RECUPERACIÓN DA XESTIÓN” DOS RESIDUOS

Así, o voceiro dos nacionalistas, Mario Pillado, lamenta que “en catro anos nin se plantexou a posibilidade de mancomunar a recollida de lixo, ou de valorar que sexa a Mancomunidade de Municipios da Mariña quen preste o servizo para os 16 concellos da bisbarra”.

Deste xeito, Pillado solicita “que o equipo de goberno futuro” teña marxe para “traballar con honestidade e seriedade, e valorar todas as opcións”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...