InicioPolíticaJosé Hermida será o candidato do PP á alcaldía de Ourol

José Hermida será o candidato do PP á alcaldía de Ourol

O empresario do sector agroforestal aspira a recuperar o goberno, perdido no 2015 polo partido conservador

Publicada o

- Advertisement -

José Hermida Corbelle será o candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía de OurolO empresario do sector agrario e forestal solicitou a súa alta como membro dos populares lucenses.

Hermida cre que o municipio precisa “da instalación de novos veciños”. Para iso, remarca, é preciso “ofrecer servizos”, apostando por “mellorar a atención dos nosos maiores e de establecer un servizo de comida a domicilio para as persoas dependentes”. O candidato popular aspira á implantación dun centro de día no concello.

O candidato popular tamén fai fincapé en que “é preciso ofrecer o alugueiro de naves no polígono industrial a bo prezo para fomentar o asentamento de novas empresas”.

Tendo en conta que o forestal é o sector económico máis destacado en Ourol, o alcaldable do PP propón “o establecemento de acordos coas comunidades de montes para o arranxo e apertura de pistas forestais”.

PACTO FRUSTRADO CON CxG

Hermida substituirá como candidato conservador a Marcial Sanjurjo, alcalde de Ourol de 2007 a 2015, que perdeu a alcaldía en favor do PSOE despois de pretender pactar con José Ramón Vázquez, ex tenente de alcalde do PP que concorreu baixo as siglas de Compromiso por Galicia (CxG) aos comicios de 2015.

Os populares obtiveran tres concelleiros e CxG, dous, por catro dos socialistas. A decisión de Sanjurjo de facer alcalde a Vázquez provocou a marcha da edil do PP Begoña Moreiras, que impulsou á alcaldía ao socialista José Luis Pajón.

PERSOAS “COMPROMETIDAS”

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, afirma que os conservadores pretenden “seguir sumando e integrando persoas comprometidas coa veciñanza”.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...