A socialista María Loureiro optará á reelección como alcaldesa de Viveiro

Tras coller o testigo do finado Melchor Roel en 2013, a rexedora quedou no 2015 a un concelleiro da maioría absoluta

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. AXM

María Loureiro será a candidata do PSdeG á alcaldía de Viveiro nas vindeiras eleccións municipais, despois de que na asemblea local dos socialistas celebrada o pasado luns non se presentase ningunha outra candidatura.

A alcaldesa, a primeira muller á fronte do Concello, goberna o municipio desde 2013, ano de falecemento do seu antecesor e valedor, Melchor Roel.

No 2015, a alcaldable socialista recibiu o respaldo das urnas, acadando oito edís dos 17 posibles -a un da maioría absoluta- que lle permitiron gobernar con comodidade.

SÓ DÚAS CONFIRMACIÓNS

Trala confirmación de Loureiro como candidata socialista e de Miriam Bermúdez como alcaldable do BNG, quedan por despexar algunhas incógnitas na política local viveirense.

Trala marcha de Antonio Bouza, o PP aínda non anunciou quen encabezará a súa listaxe electoral. Tampouco o grupo de non adscritos nin Son Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here