InicioPolíticaJaime de Olano perfílase como cabeza da listaxe do PP ao Congreso...

Jaime de Olano perfílase como cabeza da listaxe do PP ao Congreso por Lugo

Segundo fontes do partido conservador, a súa figura "non deixou de medrar" co liderado de Pablo Casado, a quen apoiou no proceso de primarias

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O concelleiro do Partido Popular en Viveiro Jaime de Olano perfílase como posible cabeza de listaxe do PP pola provincia de Lugo na candidatura ao Congreso dos Deputados.

Fontes do PP lucense precisan que a figura de Jaime de Olano “non deixou de medrar” no PP desde que asumiu o liderado da formación política conservadora Pablo Casado, a quen o político viveirense apoiou no seu ascenso ao poder durante o proceso de primarias.

De feito, na última lexislatura tomou máis responsabilidades dentro do PP no Congreso dos Deputados, como voceiro de orzamentos e portavoz adxunto do grupo popular.

BARREIRO, AO SENADO

Mentres, José Manuel Barreiro é o nome que volve soar como primeiro na listaxe na do Senado.

As mesmas fontes lembran que foi voceiro no grupo conservador no Senado nun momento no que a formación política, que daquela comandaba Mariano Rajoy, quixo darlle “moita importancia” á Cámara Alta, na que contaba con maioría.

Posteriormente, coa chegada de Casado, pasou á viceportavocía do grupo, pero mantense como membro da deputación permanente do Senado. O propio Barreiro confesou a EFE que se sente “con ánimo” e con “forza” para seguir traballando na Cámara Alta.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...