InicioPolíticaCastiñeira propón subir a partida de gastos dos orzamentos a costa do...

Castiñeira propón subir a partida de gastos dos orzamentos a costa do superávit do plan financieiro

Presentará unhas contas con 7,1 millóns para pagos e investimentos, unha cifra que deixaría fóra axudas de emerxencia para o acceso á residencia ou a compra de terreos para a depuradora

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presentará a vindeira semana á oposición o proxecto de orzamentos municipais para 2019, cunha previsión de ingresos de 8,016 millóns por 7,1 de gastos.

O alcalde, o popular Javier Castiñeira, explica que se trata dun presuposto “condicionado polo plan económico financeiro e polas restricións da lei do Ministerio de Facenda” que “limitan os investimentos ao obrigar a un superávit” que rondaría os 900.000 euros.

Entre o apartado de ingresos, o goberno local inclúe na partida os 500.000 euros polo canon do novo contrato da auga, que vai dentro do plan económico financeiro.

No tocante aos gastos, Castiñeira sinala que “a partida de investimentos redúcese moito. Irán basicamente no Plan Único da Deputación e só se contemplan os proxectos tanto da Rúa do Pilar como da Rúa do Cemiterio, e a parte proporcional que ten que poñer o Concello para financiar a canceira, uns 30.000 euros polos 100.000 que achegou a Deputación”, explica.

Así, o rexedor focego cre que quedan fóra da partida de gastos “unha serie de prioridades”. Entre elas cita as axudas de emerxencia para acceder á residencia, que espera abrir “en poucos días”, e que alcanzarían os 200.000 euros.

RPT

Tamén se precisan, resalta Castiñeira, “55.000 euros para asumir a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) pactada cos traballadores, e outra partida para convocar unha nova praza de asistente social”. Finalmente, o rexedor indica que se necesitarían 90.000 euros “para a compra dos terreos da depuradora”.

Deste xeito, o alcalde de Foz explica que “o equipo de goberno plantexará dúas opcións ás outras formacións políticas, co obxectivo de que os orzamentos poidan saír para adiante. Unha delas pasaría por dar cumprimento rigoroso ao plan económico financeiro e a outra por incrementar a partida de gastos para executar estes proxectos”, expón.

Entendemos que o superávit non beneficia a ninguén”, asegura o rexedor, “pero si que é certo que estariamos incumprindo parte do plan económico financieiro”, sinala.

“MOITAS PERSOAS PENDENTES”

Esas dúas opcións son as que se lles van presentar aos compañeiros da corporación. Creo que é necesario aprobar eses orzamentos porque hai moitas persoas pendentes dos mesmos para levar adiante as súas cousas cotiás, como son todas as persoas que van solicitar a axuda de emerxencia para acceder á residencia”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...