InicioPolíticaO partido de Martínez presentará candidatura en Burela e baralla facelo en...

O partido de Martínez presentará candidatura en Burela e baralla facelo en Viveiro

O alcalde de Becerreá e ex vicepresidente da Deputación presentou a súa marca política 'Galicia Sempre', unha formación "galeguista, de centro e sen ataduras"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Becerreá, deputado non adscrito e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, presentou este luns a súa marca política, ‘Galicia Sempre‘, un partido “galeguista, de centro e sen ataduras” que concorrerá ás eleccións municipais en Burela e que estuda presentar candidatura en Viveiro.

Martínez, cuxo enfrontamento co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, derivou na súa expulsión do PSOE despois de 40 anos de militancia, quere “emular ao PNV” e rabuñar votos “a esquerda e dereita, deixando a un lado os extremismos”.

Coa intención de obter un deputado provincial, ‘Galicia Sempre’ presentará candidatura en Lugo -cunha muller como cabeza de listaxe, segundo avanzou Martínez-, Becerreá, Sarria e Burela, onde fundou ‘Burela Sempre’, que preside Ángel Rodríguez Martínez. Ademais, baralla facelo no Páramo e en Viveiro.

Podes ler a información completa en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...