Castiñeira negociará con cada partido os orzamentos

O alcalde de Foz quere "rebaixar a tensión" co obxectivo de "sacar adiante a residencia"

Castiñeira, nunha xuntanza coa ex conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. AXM

O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, anunciou que nas próximas semanas negociará de xeito individual con cada un dos partidos da corporación municipal –Foz Plataforma de Futuro, PSOE e BNG– para sacar adiante os orzamentos do 2018.

O rexedor quere “rebaixar a tensión” e “buscar un entendemento” a partir “dunhas propostas de mínimos”. O obxectivo, segundo Castiñeira, é “aprobar uns orzamentos que cumpran co plan económico financieiro” e permitan “sacar adiante a residencia de anciáns. Cremos que aínda hai marxe e ferramentas para discutir a saída do xeriátrico coa xestión municipal, que sería o mellor para os nosos veciños”, asegurou.

DEZ DÍAS

O goberno local, segundo Castiñeira, recoñece que o pleno do pasado xoves “tivo un resultado nefasto” e propón “dez días de negociacións. Imos facer todo o posible para que os grupos podan tomar decisións en positivo”, resalta o alcalde focego.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here