InicioPolíticaO PP de Ribadeo ve excesivo o gasto no helicóptero que vixiará...

O PP de Ribadeo ve excesivo o gasto no helicóptero que vixiará as talas

Para os populares, gastar "9.000 euros" na medida "é un despropósito con afán propagandístico"

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ribadeo criticou nun comunicado “o gasto de 9.000 euros por parte do Concello ribadense para revisar as parcelas afectadas pola lei de incendios de Galicia”. Os populares consideran “desproporcionada” a medida, que ao seu xuízo ten “un afán propagandístico”.

O voceiro do grupo popular no municipio, Jesús López Penabad, considera “un despropósito o gasto de 9.000 euros nun helicóptero” e cuestiona a intención do goberno local de que os propietarios cumpran canto antes cos requisitos que marca a normativa. “Hoxe en día, as empresas teñen lista de espera non só para cortar senón tamén para desbrozar. Antes de multar habería que ver todos os prazos que se teñen que cumprir e analizar en que situación está cada un”, asegura.

Os populares critican a situación das pistas municipais, que o goberno local ten sen desbrozar”, e da “finca que está ao carón da gardería municipal, en pleno casco histórico de Ribadeo e rodeada de casas, e que segue sen limpar. Iso si que supón un gran perigo porque ademais está chea de bichos”, remata.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, insistiu días atrás na intención do Concello de “cumprir co que se espera de nós e tamén de respectar aos propietarios que xa se aplicaron ao longo destes meses. Traballemos agora para estar tranquilos despois”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...