José Luis Moñita será o candidato de CxG á alcaldía de Burela

Superou nas primarias da formación a José Antonio Rodríguez, que formará parte da candidatura

José Luis Moñita. CxG

A agrupación de Compromiso Por Galicia (CxG) Burela elixiu a José Luis Moñita como candidato á alcaldía.

A formación política elixiu o seu alcaldable en primarias, nas que Moñita acadou o 74,5% dos votos, impoñéndose a José Antonio Rodríguez.

Segundo avanza CxG, a executiva local foi “totalmente renovada” e está a traballar na confección da listaxe electoral. “Apostaremos por unha renovación completa e está xa moi avanzada, a falta dalgúns flecos por pechar”, explica Moñita, que avanzou que Rodríguez formará parte da candidatura.

CRÍTICAS AO PSOE

O candidato asegurou que “CxG quere dar aos veciños unha clara alternativa a estes últimos anos de promesas incumpridas por parte do goberno local do PSOE. De feito, temos tantas ideas boas para Burela que non as imos poder poñer todas no programa. Contaremos coa valoración da veciñanza á hora de priorizar as medidas de dinamización para Burela”, expuxo.

Burela terá por fin una lista galeguista, non idependentista, transversal de participación cidadá e europeísta, que os seus veciños levan tempo esperando”, concluíu Moñita.

ASPIRANTES CONFIRMADOS

Tanto PP, que presentou a Manuel Rouco como o seu alcaldable, como PSOE, co que Alfredo Llano optará á reelección como alcalde de Burela, desvelaron os seus candidatos. Aínda non o fixo o BNG nin tampouco Ciudadanos, que presentarán as súas candidaturas nos próximos días. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here