Gema Méndez Leivas, analista de laboratorio de Alcoa, será a número 2 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Foz.
Tralo anuncio do seu candidato, Francisco Javier Fanego, o partido frontista anunciou este sábado o primeiro tramo da candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio.
A listaxe electoral dos nacionalistas destaca pola súa renovación, xa que non repetirá ningunha das dúas edís que representaron ao BNG na corporación, Lorena Seivane e Teresa Rego. Tampouco estarán nas primeiras posicións Amara Méndez e David García, 3 e 4.
Iago Villamil Cajoto, médico no Hospital Público da Mariña, ascende do sexto ao terceiro posto da candidatura. A cuarta posición correspóndelle a Sara Veiga Alonso, mestra, sendo o quinto para Benito García Bolaño, cociñeiro, que repite posición con respecto a 2015. O sexto lugar será para Zoraida Coira Vázquez, traballadora de telecomunicacións.
Segundo expón o BNG, “o común denominador de todas estas persoas, ao igual que o resto das que componen a candidatura, é o seu compromiso co pobo de Foz desde diversos eidos sociais e culturais e tamén a defensa dos intereses das maiorías sociais e dos servizos públicos coma a sanidade, donde Villamil desenvolve unha ardua labor na defensa deste importante servizo público”.
A LISTAXE COMPLETA, “NAS VINDEIRAS SEMANAS”
O proxecto do BNG, sinala o partido frontista, “porá no centro de atención ás persoas”. A candidatura completa presentarase nas vindeiras semanas nun acto público ainda por determinar o lugar.