InicioOccidentalAlba Sanjurjo Penabad será a candidata de CxG á alcaldía de Viveiro

Alba Sanjurjo Penabad será a candidata de CxG á alcaldía de Viveiro

A "maior implicación da muller de da xuventude", cunha alcaldable de 28 anos, é a aposta da formación

Publicada o

- Advertisement -

Alba Sanjurjo Penabad será a candidata de Compromiso por Galicia (CxG) á alcaldía de Viveiro. Desde a formación política que lidera Juan Carlos Piñeiro sinalan que se trata “dunha clara aposta por unha maior implicación da muller e a xuventude nas políticas municipais”.

Neste sentido, a executiva local de CxG traballa arreo co obxectivo de confeccionar “unha listaxe que achegue solucións reais aos problemas da Cidade do Landro”, segundo manifesta a propia alcaldable.

Sanjurjo ten 28 anos de idade e formouse como educadora no Ciclo Superior de Educación Infantil.

A viveirense quere “construír un futuro que ilusione a todos os veciños e veciñas de Viveiro. E non hai mellor forma de acadalo que facer que sumen as opinións de todos, para dotar ao Concello con alternativas posibles e deixarnos de discursos que non ofrecen nada novo e nos manteñen atrancados como comunidade”.

“XUNTAR E NON SEPARAR”

“O noso programa de acción tratará de xuntar e non de separar á xente de Viveiro”, afirma Sanjurjo, que cre que “o concello ten unhas posibilidades enormes, e CxG vén a traballar en Viveiro na tarefa de xuntar esforzos, e tamén coa determinación clara de ser consecuentes e constantes nas políticas que benefician á xente do noso pobo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...