O pleno de Burela acorda construír un novo pavillón

A corporación cifra en catro meses o prazo para redactar o proxecto e acadar os terreos necesarios

Partido do Burela FS en Vista Alegre. CD BURELA FS

A corporación municipal de Burela acordou por unanimidade a redacción dun proxecto de construcción dun novo pavillón polideportivo. O goberno local deberá, segundo o acordo acadado no pleno, completar os trámites de elaboración e a posta a disposición dos terreos necesarios nun prazo de catro meses. Finalmente, tratará coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Goberno central o financiamento da obra.

No pasado mes de maio, o Pescados Rubén Burela solicitou o pavillón de Viveiro ao non cumprir Vista Alegre coa normativa estipulada pola Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). O grupo municipal do BNG presentou unha moción no pleno para solucionar este problema, compartido por outros clubs deportivos do municipio que padecen o colapso das instalacións deportivas do concello.

O BNG burelés propuxo así a redacción dun proxecto de reforma do pavillón de Vista Alegre ou para a construcción dun novo recinto, con terreos que debe achegar o Concello de Burela, e presentou outra moción para que goberno local instase á Xunta e á Deputación a cofinanciar a obra.

O grupo municipal do PP presentou unha enmenda de engádega para cifrar en tres meses o prazo de redacción do proxecto, pero finalmente a corporación burelesa acordou deixar un mes máis de marxe para a súa consecución.

O ARRANXO DE VISTA ALEGRE, DESCARTADO

O grupo municipal do PSOE, finalmente, descartou nunha enmenda de substitución a posibilidade dun arranxo de Vista Alegre polo seu excesivo custo. Segundo apuntou semanas atrás o alcalde, o socialista Alfredo Llano, a reforma requerida para adaptar o pavillón ás condicións estipuladas pola normativa da LNFS suporía un desembolso duns 800.000 euros.

O PP, CRÍTICO

O PP de Burela asegurou nun comunicado que “non cremos no alcalde nin na súa palabra, e dubidamos seriamente de que cumpra o acordado no pleno”. Os populares destacan a “negativa inicial” do alcalde e do seu equipo a “establecer plazos para a redacción do anteproxecto do novo pavillón”, cando “tiña que ser el o que chegase ao pleno cunhas liñas de traballo”.

PATRONATO DE CULTURA

A proposta do PP burelés da creación do Patronato de Cultura Municipal non saíu adiante pola oposición do PSOE.

2 COMMENTS

  1. Bueno… éche a istoria das nosas vidas, o que di un está mal dito para o outro e viceversa, pero eu pregúntome está o concello tan ceibe de deudas como para construir un polideportivo afeito para a División de Honra? Non sei ó que esixe a LNFS, se se pode adiante. Non é o mesmo… pero sigo lembrando a SD Burela…

  2. Sen dúbida, Burela precisa un pavillón.
    Agora quen o pagará?
    Estado, Xunta, Deputación, fondos europeos, Concello.
    Se a construcción e mantemento e un lastre economico para os vecinos de Burela, este non debería ser construido por un só equipo, se non para actividades deportivas, e por o tanto non precisaría ser tan grande e con gradas o que suporía un sobre coste.

    Non precisamos outra PISCINA coma a de SanCibrao.

    Pavillón, si, pero con cabeciña.

    Pavillón, si, se podes pagalo e mantelo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here