InicioPolíticaO PSOE presentará candidatura en Alfoz e Barreiros e o BNG en...

O PSOE presentará candidatura en Alfoz e Barreiros e o BNG en Foz esta fin de semana

Luís Villares estará o sábado en Viveiro cos candidatos da formación ao Congreso e o Senado

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Alfoz na lexislatura que toca á súa fin e candidato do PSdeG-PSOE, Jorge Val, presentará o venres (20.30 horas, casa da cultura) a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais. Estará acompañado do valadourense César Mogo, cabeza de lista ao Senado por Lugo, Álvaro Santos Ramos, presidente dos socialistas lucenses, e Sonsoles López, candidata ao Congreso.

Os socialistas tamén presentarán a súa listaxe en Barreiros, que liderará Carmen Veiga. O acto celebrarase o sábado, a partir das 19.00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Logo de adiantar candidato, Francisco Javier Fanego, e os seis primeiros integrantes da listaxe electoral, o BNG de Foz presentará a candidatura ao completo nun acto que celebrará o venres, ás 20.00 horas, nos xardíns de Conde de Fontao.

EN MAREA

O voceiro de En Marea, Luís Villares, participará o sábado (12.00 horas) dun mitin no conservatorio de música de Viveiro, no que tamén participarán Cristina Pérez, cabeza da listaxe ao Congreso por Lugo, e Victoria Esteban e Manuel Germade, candidatos ao Senado pola provincia lucense.

O venres, representantes de En Marea estarán en Trabada (bar Eskina, 18.30 horas) e Lourenzá (Praza do Conde Santo, 20.00 horas) para falar coa veciñanza e explicar o programa electoral á veciñanza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...