InicioPolíticaO PP de Viveiro anuncia catro novos integrantes da súa candidatura

O PP de Viveiro anuncia catro novos integrantes da súa candidatura

A listaxe dos conservadores contará co concelleiro Antonio Lage Seara e con Alicia Meitín, Inmaculada Nespereira e Teresa Pérez

Publicada o

- Advertisement -

Tras anunciar o seu candidato, o xoieiro Óscar Rodríguez Blanco, e tamén que o concelleiro Javier Teijeiro López irá na listaxe electoral para as próximas eleccións locais, o PP de Viveiro segue a avanzar nomes de integrantes da súa candidatura.

Desta volta, os populares viveirenses anunciaron a suma de Alicia Meitín Cordido, María Inmaculada Nespereira Domínguez, Teresa Pérez Rodríguez e Antonio Lage Seara, este último outro dos edís do partido conservador na corporación municipal.

Nespereira, profesional do eido sanitario, é técnico de coidados auxiliares no Hospital Público da Mariña. Ex atleta na especialidade de lanzamento de xavelina a nivel nacional e internacional, disciplina deportiva que practicou como atleta de elite durante 25 anos.

Meitín, graduada en Traballo Social, é docente nun obradoiro de emprego no concello de Muras promovido polos municipios do Vicedo, Muras e Ourol. Pérez, pola súa banda, é licenciada en psicoloxía e dirixe o centro de coaching E-Movere, en Viveiro.

Lage Seara, graduado en Organización de Eventos e Relacións Institucionais, é especialista en xestión do patrimonio cultural e ocupa o cargo de presidente das Novas Xeracións (NN XX) do PP en Viveiro.

“PERFÍS COMPLEMENTARIOS”

Trátase, segundo precisa o cabeza de listaxe dos populares, “de elaborar unha candidatura con perfís diferentes que se complementan entre si para ofrecer o mellor proxecto para os vindeiros catro anos”.

Rodríguez gábase de “poder contar con xente como Alicia, María Inmaculada, Teresa e Antonio, persoas novas, moi preparadas, traballadores e comprometidos con este proxecto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...