InicioPolíticaMario Pillado repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Burela

Mario Pillado repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Burela

O alcaldable dos nacionalistas concorrera como cabeza da listaxe ás eleccións municipais de 2015, cando o partido frontista gañou un concelleiro

Publicada o

- Advertisement -

Mario Pillado será de novo o candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á alcaldía de Burela.

Pillado é edil do partido frontista en Burela desde 2013, cando sucedeu a Neves Cando. Tamén concorreu como candidato ás eleccións locais de 2015, nas que o Bloque gañou un concelleiro con respecto ás de 2011.

A formación nacionalista valora que o alcaldable “liderou o traballo de oposición ao goberno do PSOE desde o minuto cero da lexislatura. Nestes catro anos, foi o grupo municipal do BNG quen trasladou ao pleno os asuntos que realmente preocupaban á veciñanza”, asegura.

No tocante á lista, o BNG burelao dará a coñecer “nos próximos días” a candidatura íntegra, na que “Pillado estará arroupado por un grupo de mulleres e homes representativos de distintos sectores e con implicación en distintos ámbitos da vida local, desde o mundo asociativo ao deportivo, pasando polo comercio, o ensino ou a sanidade”.

O candidato dos nacionalistas burelaos asegurou que se sinte “moi ilusionado e con moito ánimo para enfrontar as municipais” e que se ve con “posibilidades de situar ao BNG á fronte do próximo goberno municipal de Burela”.

Nesta lexislatura nin se peatonalizou rúa algunha, nin se regulou o mercado semanal, nin se fixo a nova depuradora, nin tampouco se vai facer un pavillón novo, como prometeu o señor Llano en repetidas ocasións. Estivemos en todo momento ante un alcalde irresponsable”, sinalou Pillado.

“TRANSFORMAR BURELA”

Fronte á falta de proxecto do PSOE, o BNG preséntase a estas eleccións cun programa para transformar Burela, con propostas a curto e longo prazo, con ideas e medidas concretas que poidan ser levadas a cabo e que redunden nunha mellor calidade de vida da veciñanza”, afirmou Pillado.

ACTO DE CAMPAÑA

O Bloque celebrará este martes, ás 20.30 horas na casa da cultura de Foz, o acto central na Mariña Lucense da campaña das eleccións xerais.

Intervirán o candidato do BNG de Foz, Francisco Javier Fanego, Ana Ermida, responsable do partido frontista a nivel comarcal e alcaldable en Barreiros, Daniel Castro, candidato ao Congreso, e Maite Ferreiro, cabeza da listaxe frontista á Cámara baixa. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...