InicioPolíticaBernardo Fraga liderará a candidatura de Por Viveiro, con Ana Gómez no...

Bernardo Fraga liderará a candidatura de Por Viveiro, con Ana Gómez no posto 3

Manuel Galdo ocupará a segunda praza e Óscar Lara deixa a primeira liña para concorrer na décima posición da candidatura independente para as eleccións municipais

Publicada o

- Advertisement -

Por Viveiro, o partido independente impulsado polo grupo de non adscritos da corporación municipal viveirense, presentou este mércores a súa lista para as vindeiras eleccións locais, que liderará Bernardo Fraga.

O concelleiro, arquitecto técnico de 35 anos, encabezará unha listaxe que contará no segundo posto co presidente da Asociación de Productores de Madeira de Viveiro (Promavi), Manuel Galdo, de 62 anos e tamén edil dos non adscritos na corporación municipal, co que Fraga traballa desde hai dúas lexislaturas.

A primeira novidade é que o terceiro concelleiro da agrupación, o traballador de Alcoa Óscar Lara, non concorrerá como número 3, pois prefire deixar a primeira liña política. Así, a terceira praza será para Ana María Gómez Martínez, propietaria dunha tenda, de 40 anos. O cuarto posto será para Daniel Hermida Otero, mestre de 31 anos.

Carmen Paula Insua López, operadora de produción en Alcoa, de 35 anos; Jesús González Romeo, empresario de 49 anos; Lucía López Pereira, socióloga de 31 anos; e Manuel Insua Díaz, directivo da comunidade de montes San Roque, de 63 anos, ocuparán os postos 5, 6, 7, e 8.

A novena praza será para Elena María López Galdo, auxiliar de enfermería, de 64 anos; a décima para o mencionado Óscar Lara; o décimo primeiro posto, para Carla Gómez Casas, estudante de 18 anos, e o décimo segundo para Alberto Pigueiras Leal, bombeiro e secretario do Club de Piragüismo Viveiro, de 40 anos.

Noa Pardo Rivera, outra estudante de 18 anos; Indalecio Orosa Vázquez, mestre xubilado, de 65; Saúl González Muñiz, estudante de 19 anos; Adrián Martínez Regal, docente de educación física, de 31 anos; e Saray Blanco Canoura, concelleira entre 2015 e 2017, de 29 anos, completarán os 17 postos.

SUPLENTES

Alfredo Navarro Palmeiro, de 53 anos, traballador de Alcoa; Eva Trigo Sanjurjo, gandeira xubilada, de 49 anos; e Iván Castro Cora, condutor de 33 anos, serán os tres suplentes da formación independente de cara aos vindeiros comicios locais.

“XENTE ACTIVA”

O candidato de Por Viveiro define a candidatura como “a lista da xente activa do municipio, porque xuntamos a xente que participa en varias asociacións de montes e de veciños, culturais ou deportivas, e tamén a autonónomos e pequenos empresarios que dinamizan a economía local”.

Unha das características da listaxe de Por Viveiro é a aposta pola mocidade, xa que catro dos sete primeiros candidatos teñen 35 anos ou menos. “Era unha aposta e creo que a media de idade fala de que o conseguimos, expón Fraga.

NOVIDADE

No tocante á principal novidade, a entrada de Gómez -que carece de experiencia política– ao posto número 3, Fraga explica que a empresaria, que rexenta unha tenda no casco histórico e participou da asociación de comerciantes viveirense, “ten unha grande capacidade de dirección para calquera empresa e pensamos que é a persoa axeitada”.

PROGRAMA

Por Viveiro traballa no programa electoral para os comicios viveirenses, que por agora non ten pechado. “O encontro aberto coa veciñanza foi moi positivo e recollimos ideas que sumar ao traballo realizado con anterioridade”, expón Fraga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...