InicioPolíticaO PP de Burela anuncia catro novidades na súa candidatura para as...

O PP de Burela anuncia catro novidades na súa candidatura para as municipais

Ana Álvarez, Natalia Álvarez, Félix Martins e Sonia López integrarán a lista coa que o PP concorrerá aos próximos comicios locais

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Burela anunciou catro novas incorporacións para a candidatura para as eleccións municipais, que liderará Manuel Rouco.

Ana Álvarez, Natalia Álvarez, Félix Martins e Sonia López integrarán a lista coa que o PP concorrerá aos próximos comicios locais.

Ana Álvarez vive en Burela dende hai máis de 20 anos, onde exerce como supervisora de enfermería no Hospital Público da Mariña.

Natalia Álvarez é natural de Burela, onde exerce o seu labor como arquitecta técnica. Ademais é graduada en enxeñaría da edificación.

Martins é veciño de Burela, cunha contrastada experiencia no sector da construción. Actualmente exerce como operario de Armadores de Burela, S. A. (Absa) e adestrador de fútbol nas categorías inferiores da S. D. Burela, onde militou como xogador.

Finalmente, López é veciña de Burela dende hai sete anos. É diplomada en Turismo. Na actualidade participa na xestión de dous dos seis hoteis de catro estrelas que existen na comarca da Mariña.

CINCO QUE REPITEN

Ademais, Rouco tamén anunciou que repetirán na candidatura popular o xefe de ciruxía do Hospital da Costa, Alberto Ramos, o empresario José Casas e o armador Justo Eijo, estes dous últimos con experiencia en tarefas de goberno.

De igual xeito, acompañarán a Rouco Josefa Yáñez, que exerceu como administrativa no hospital, e o xubilado do mundo do mar e membro de diversas asociacións da vila, Felicísimo Baño.

ONCE INCORPORACIÓNS

Rouco adiantou que a lista contará con “once caras novas”, outras sete ademais das catro anunciadas, ás que se sumarán tamén persoas con experiencia na política local e que “conxuntamente enriquecerán coa súa cualificación formativa e a súa experiencia profesional este novo e ilusionante proxecto”, afirmou. 

O novo proxecto do PP de Burela “trata de combinar a ilusión, a puxanza e as ideas renovadoras da xente nova coa experiencia de outros veciños e veciñas cunha dilatada traxectoria política”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...