Maseda liderará a lista do PSOE no Valadouro co aval dun aumento “do 80% do alumnado” no colexio

Os socialistas presumen da creación de "200 empregos" e de converter o municipio "nun lugar atractivo para que as familias desenvolvan o seu proxecto de vida"

Candidatura socialista no Valadouro. AXM

O PSdeG-PSOE presentou este domingo a súa candidatura á alcaldía do Valadouro, que encabeza o rexedor, Edmundo Maseda.

A lista dos socialistas valadourenses está formada, ademais de por Maseda, por Josefina Geada Losada, Iago Fernández Pena, María Mon Geada, Manuel González Martínez, María Pilar Vázquez Hermida, Esteban Arturo Prieto Ferreiro, Ana Belén Rega Rodríguez, José Antonio Cuba Manasé, Vanessa Vázquez Vázquez e María José Santiso Campo.

Os suplentes serán Servando García Balmayor, Alejandro Teijeiro Barreira, Luís Pernas Balseiro, José Ramón Santiso Pérez e María Xosé Barreira Goás.

O alcaldable dos socialistas asegurou que “o compromiso deste equipo de goberno foi sempre facer do noso Concello un lugar atractivo para que as familias desenvolvan o seu proxecto de vida“.

Así, afirmou que “xeramos máis de 200 novos postos de traballo, ofrecemos o banco de libros, que son gratuítos para todos os nenos do colexio desde os tres anos, o programa madrugadores, e todas estas iniciativas fixeron que o colexio pasara de ter 80 alumnos a 140, un 80% máis“.

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

“Outro dos nosos eixes de actuación é a atención profesional aos nosos maiores a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e a Telesasistencia gratuíta. Coa axuda da Deputación aumentamos o número de horas, das 8.000 cando chegamos á alcaldía, ás preto de 40.000 na actualidade. Estas medidas definen o proxecto dos socialistas, próximo aos veciños e que atende as súas demandas”, afirmou Maseda.

Participaron no acto o secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a candidata ao Congreso, Sonsoles López Izquierdo, e o candidato ao Senado, César Mogo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here