O PP afirma que o PSOE de Foz “debe 4.719 euros” de auga, lixo e saneamento do seu local

Os conservadores piden aos socialistas que aclaren se o espazo "está dado de alta a nome do partido"

Acto do PSOE focego. AXM

O Partido Popular (PP) de Foz asegura que os socialistas focegos “deben ao Concello 4.719 euros de auga, lixo e saneamento” do local no que está a sede do PSdeG-PSOE.

secretario do PP focego, Juan Rivas Nécega, solicita “ao PSOE de Foz que aclare as débedas de auga, lixo e saneamento co Concello de Foz e coa propia empresa concesionaria. Chegou aos nosos oídos que o local non está dado de alta a nome do partido socialista nin de outra persoa relacionada ou responsable deste partido; e, o que é peor, acumula unha débeda que está prexudicando ao anterior inquilino, cando xa pasaron máis de vinte anos desde que deixou dito local”, expuxo.

O Partido Popular pregúntalle ao PSOE de Foz se “é certo que en vinte anos non regularizou o contrato” e como pretendía cumprir coa súa obriga de pagar os servizos de auga, lixo e saneamento.

“DESAUTORIZADOS”

“Cremos que este feito é unha proba máis da falta de decoro e abuso do partido socialista local nestes últimos anos, pois se na súa propia casa non cumpren cos veciños de Foz están totalmente desautorizados para xestionar ningún só euro dos servizos públicos do noso Concello”, indica. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here