InicioPolíticaMercedes González, candidata ao Congreso, non irá na lista do PP de...

Mercedes González, candidata ao Congreso, non irá na lista do PP de Foz

A edil de política social e sanidade non formará parte dunha candidatura na que concelleiros como Fernández Manín, Paleo ou Hermida acompañarán a Castiñeira

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Foz desvelou parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Os conservadores anunciaron que que formarán parte da lista os actuais concelleiros Pedro Fernández Manín, Antonio Hermida e Ánxel Paleo.

Segundo expón o alcalde e candidato dos populares, Javier Castiñeira, na lista non figura a edil Mercedes González, delegada de política social e sanidade, porque “esperamos que sexa elixida deputada no Congreso”, asegura o rexedor.

O responsable do PP focego explica sobre González que “entendemos que vai ser unha das persoas que vai estar aí representándonos no Congreso dos Deputados. Entendemos que o Partido Popular vai formar goberno durante estes próximos catro anos e para nós é importante ter unha persoa da nosa confianza no Congreso dos Deputados e no equipo de Pablo Casado”, asevera. 

Manín ocupou o posto de primeiro tenente de alcalde e de edil de obras, medio rural e mar, mentres que Paleo exerceu como concelleiro de cultura, deportes e festas. Hermida -delegado de medio ambiente e turismo- foi o último en entrar no equipo de goberno, en novembro de 2017, trala renuncia de Maite López Rego (non Teresa Rego, como por erro publicou Xornal da Mariña)

“Para min son tres puntais que achegan experiencia e proximidade, que coñecen perfectamente as necesidades do pobo e aos que estes últimos anos lles serviron para ter un coñecemento do núcleo urbán e das parroquias moi importante”, afirma Castiñeira. 

NOVIDADES

O candidato popular avanza que “nos próximos días iranse presentando diferentes novidades, caras novas que se unirán á veteranía destes tres concelleiros. Estamos contentos porque se fixo unha lista variada, con experiencia e con xente nova”, asegura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...