O Partido Popular (PP) de Mondoñedo presentou parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará de novo a alcaldesa, Elena Candia.
Os conservadores anunciaron un total de sete incorporacións, “que veñen a sumarse a este equipo apoiando, polo tanto, un traballo de catro anos” e que, ao mesmo tempo “achegarán novas ideas a un programa para o vindeiro mandato que construímos entre todos”.
Patricia Otero Doural –emprendedora no eido asociativo-, Marcos Candia –traballador do sector eólico-, Pascual Ares -profesor de FP-, Ana Mel -funcionaria-, Siro Maseda -deportista-, Pilar Díaz -psicóloga- e Aquilino Bouso -empresario panadeiro- son as sete novidades da lista popular.
21 CANDIDATOS
Un total de 21 persoas -nove mulleres e doce homes- integran a lista dos populares, que segundo Candia “representa ao conxunto da sociedade do noso concello”.