A Unión Democrática Independiente do Valadouro (Udival) presentarase de novo ás eleccións municipais, tras non facelo en 2015.
A formación independente, que acadou dous edís e que, logo dunha moción de censura contra o executivo de José Manuel Lamela (PP), gobernou en coalición co PSdeG-PSOE desde 2013 a 2015, non concorreu aos comicios locais dese mesmo ano. As discrepancias entre os dous partidos que formaron o bipartito foron notorias.
Á fronte da candidatura estará de novo, como hai oito anos, María José Fernández, que contará co ex edil do PSdeG-PSOE durante o bipartito Pedro Paz González como número 2. “Únenos unha maneira de traballar”, explica a cabeza de listaxe da formación independente.
entre 2013 e 2015, udival, que obtivo dous edís en 2011, gobernou en coalición co psoe a través dun polémico pacto
Noé Fernández Rolle, que formou parte da anterior lista, irá no terceiro posto da candidatura de Udival.
OBXECTIVOS
O centro de día, a declaración de Interese Turístico Galego do Mercado da Primavera ou a potenciación dos sectores forestal e apícola son algúns dos obxectivos da formación. “Están por acadar, ninguén falou deles nestes anos e por iso volvemos, con poucas propostas pero concretas, e sen alucinacións”, explica Fernández.