InicioPolíticaO BNG de Burela aspira "ao goberno" co aval da "dedicación" á...

O BNG de Burela aspira “ao goberno” co aval da “dedicación” á veciñanza

Dorotea González Fraga será de novo a número 2 da candidatura nacionalista, que liderará Mario Pillado

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela opta pola continuidade na súa candidatura para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Tralo anuncio de que Mario Pillado será de novo o alcaldable dos nacionalistas burelaos, a formación frontista anunciou este mércores a súa lista completa, na que a edil Dorotea González Fraga será a número 2.

O BNG burelao afirma que as persoas que ocupan as dúas primeiras prazas “son garantía de compromiso, dedicación e preocupación polos problemas da veciñanza de Burela, demostrada durante os últimos catro anos”.

CINCO INCORPORACIÓNS

No tocante ás novas incorporacións, son Anxo Valle Ares (5), traballador do servizo de inspección técnica de vehículos; Víctor Cabarcos Val (9), estudante; Ángela Íñigo González (10), traballadora no sector do lecer infantil; Adrián Piñón Domínguez (suplente número 1), administrativo nunha asesoría a empresas e Secretario do Foro Económico da Mariña, e Maria Antonia Oroza Fernández (suplente número 2), empregada no ámbito do coidado a persoas maiores.

Completan a candidatura Silvino Oroza Cordido (3), vinculado co tecido asociativo da vila, Ana Amat Casariego (4), empregada de farmacia e activista na Plataforma Sanitaria da Mariña, Dolores López Costa (6), Roberto Bouza Orosa (7), Rosa Ana Posada Expósito (8), Adolfo Corral Calviño (11), Belén Quintela Yáñez (12), Senín Díaz Mon (13) e José Mon Otero (suplente número 3).

“PLENA” CONFIANZA

Pillado sinala que confía “plenamente” nas persoas que integran a lista. “Valoramos o traballo feito polo equipo que formamos hai catro anos, tanto a nivel humano, como no institucional e organizativo. As novas incorporacións que veñen de unirse ao proxecto do BNG achegan frescura e novas ideias e estou convencido de que se vai traducir nun incremento de apoios ao BNG con claras opcións de goberno”, argumenta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...