InicioPolíticaCiudadanos promete en Burela “despolitizar a sanidade” para evitar a “perda de...

Ciudadanos promete en Burela “despolitizar a sanidade” para evitar a “perda de servizos” no hospital

O partido laranxa cre que "os enchufismos na xestión sanitaria" provocan que os mariñaos "teñan que desprazarse 100 quilómetros por servizos básicos"

Publicada o

- Advertisement -

O candidato de Ciudadanos (Cs) ao Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, defendeu o pasado mércores durante o transcurso dun acto en Burela “a mellora da sanidade e a educación públicas como “dous piares fundamentais” do programa da formación laranxa para o Goberno central.

Acompañado do número dous da lista de Ciudadanos ao Congreso, o doutor Francisco Pintado, médico desde hai 32 anos no Hospital Público da Mariña, Blanco propuxo unha tarxeta sanitaria única para todas as comunidades e a mesma proba de selectividade para o acceso á universidade en todo o Estado.

Pintado comprometeu un calendario único de vacinación e a regulación da eutanasiamediante unha Lei de Dereitos e Garantías ao final da Vida para que as persoas con enfermidades incurables e dexenerativas poidan decidir libremente poñer fin ao seu padecemento”.

OS MARIÑAOS, “CIDADÁNS DE SEGUNDA”

No tocante ao Hospital da Costa, Pintado lamentou que “os cidadáns da Mariña Lucense parecen de segunda ou de terceira, moitas veces teñen que ir ata o Hospital Universitario Lucus Augusti que está a 100 quilómetros de distancia para lograr servizos básicos que actualmente o Hospital de Burela non ten, por exemplo unha operación de cadeira ou unha proba diagnóstica“, denunciou.

“MENOS COMPETENCIAS” COA “DESCULPA DA CRISE”

O número 2 de Cs ao Congreso por Lugo criticou que “a Xunta de Galicia foi quitándolle competencias a Burela coa desculpa da crise económica malia que os médicos pedimos que non se fixese”.

Ciudadanos propón eliminar os enchufismos na xestión sanitaria”, profesionalizándoa con persoas independentes e formadas para ese cargo. “Temos que despolitizar a sanidade para que estea liderada e xestionada polos mellores profesionais”, argumentou o xefe de Anestesioloxía do Hospital de Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...