InicioPolíticaAcusan ao alcalde de Foz de "impedir" actos para as municipais no...

Acusan ao alcalde de Foz de “impedir” actos para as municipais no rural por “estratexia”

O PSOE denuncia que "é a primeira vez" que non se habilitan locais nas parroquias para mitines, o que interpreta como "un desprezo" á poboación das fegresías

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Foz denuncia que o Concello non habilitou locais nas parroquias do municipio para facer actos públicos gratuítos durante a campaña das eleccións municipais. Os socialistas precisan que só a casa da cultura e a Sala Bahía, no centro urbán, poderán acoller actos electorais.

Desde o PSOE focego aseguran que “é a primeira vez, nos tempos da democracia, que se impide que se fagan actos para os veciños nas parroquias. Sempre, incluso para estas eleccións xerais do 28 de abril, se habilitaron locais nas fegresías e barrios do pobo”, afirman.

RECLAMACIÓN

Os socialistas presentaron así unha reclamación ao Concello e ao alcalde, o popular Javier Castiñeira, “que é o que ten a potestade para tomar a decisión ou non de habilitar os locais públicos diante da Xunta Electoral”.

O PSOE de Foz considera “escandaloso e intolerable” que “se prive” ás formacións políticas “dun lugar onde poder dirixirse aos veciños e veciñas das parroquias”. Os socialistas pregúntanse “que cambiou dun día para outro para que se pase de ter dez locais dispoñibles nas fegresías para poder falar cos veciños na campaña das xerais a non ter ningún”.

Preguntámonos se esa omisión é un burdo intento do alcalde de eludir ir as esas parroquias, que ten completamente abandonadas, e así non ter que dar explicacións á veciñanza, escudándose na Xunta Electoral e en que non hai locais a disposición, como se non fose competencia súa poñer ditos espazos a disposición dos partidos políticos”, argumentan desde o PSOE focego.

“AMORDAZAR” AOS RIVAIS POLÍTICOS

Os socialistas interpretan “a actitude” do rexedor “como un desprezo á poboación” que vive nas parroquias e un “agravio comparativo” coa que vive no centro urbán, pois “priva á veciñanza de poder tratar cos representantes políticos as súas inquedanzas respecto daquelas materias que afectan a fegresía”.

O PSOE de Foz insta a Castiñeira a habilitar locais no rural focego, pois do contrario “entenderemos que se amordaza ao PSOE e ao resto de formacións políticas por pura estratexia electoral dun PP que non se atreve a dar a cara”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...