O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Xove presentou a súa candidatura para as eleccións municipais de maio, que encabezará Xosé Manuel López Hermida. O profesor, edil na corporación e número 2 da lista, releva á fronte da proposta do partido frontista a Marco López, que irá no posto 6.
Hermida, que se estrea como número un, quixo destacar que o proxecto do BNG para Xove está impulsado por persoas “formadas e humildes. Somos xente que realmente queremos mudar as cousas, pero sobre todo temos un equipo cohesionado, con iniciativa e capacidade de xestión“, manifestou o candidato dos nacionalistas á alcaldía de Xove.
DÚAS INCORPORACIÓNS
As principais incorporacións da lista do Bloque xovense son as de Miguel García, no terceiro posto, e Pilar Vázquez, no undécimo. “A xente nova identifícase co noso xeito de facer as cousas”, asegurou Hermida, “e iso podémolo comprobar polas altas de afiliación que estamos a recibir nos últimos meses”. Neste senso, a formación nacionalista presenta dez suplentes.
LISTAXE ELECTORAL
- Xosé Manuel López Hermida (Profesor. Licenciado Universitario en Filoloxía Portuguesa, Licenciado Universitario en Filoloxía Románica e Técnico Deportivo Nivel 2 de Esquí Alpino)
- Carlos Fernández Louzao (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Produción por Mecanizado)
- Miguel García Rodríguez (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica)
- Luísa Pernas Quelle (Oficial de Procurador dos Tribunais. Titulada en BUP e COU)
- Laura Vilasa Abad (Empregada no sector servizos. Diplomada Universitaria en Educación Infantil)
- Marco López López (Xestor da Admón. de Xustiza. Graduado Universitario en Criminoloxía)
- Cristina Lestegás Pérez (Profesora. Licenciada Universitaria en Filoloxía Inglesa)
- David Díaz Meitín (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Mantemento e Montaxe de Instalacións de Edificio)
- Belén González Martínez (Responsable de Calidade nunha empresa maiorista do sector pesqueiro. Licenciada Universitaria en Matemáticas)
- Rodrigo Baño Pena (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Automoción)
- Pilar Vázquez Sánchez (Estudante)
SUPLENTES
- Augusto Albo Ocampo
- Xosé Luís Vale Blanco
- Patricia Eijo Gómez
- Xosé Antonio Alonso Salgueiro
- Natalia Fernández Álvarez
- Xosé Lois Iglesias Pérez
- Sara Rei Balseiro
- Samuel Ben Conde
- María Carme Mejuto Urrutia
- Xosé Durán Cao