InicioPolíticaXosé Hermida encabeza a lista do BNG de Xove para as municipais

Xosé Hermida encabeza a lista do BNG de Xove para as municipais

Miguel García, no posto 3, é a principal novidade dunha candidatura na que o alcaldable dos anteriores comicios, Marco López, irá no número 6

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Xove presentou a súa candidatura para as eleccións municipais de maio, que encabezará Xosé Manuel López Hermida. O profesor, edil na corporación e número 2 da lista, releva á fronte da proposta do partido frontista a Marco López, que irá no posto 6.

Hermida, que se estrea como número un, quixo destacar que o proxecto do BNG para Xove está impulsado por persoas “formadas e humildes. Somos xente que realmente queremos mudar as cousas, pero sobre todo temos un equipo cohesionado, con iniciativa e capacidade de xestión“, manifestou o candidato dos nacionalistas á alcaldía de Xove.

DÚAS INCORPORACIÓNS

As principais incorporacións da lista do Bloque xovense son as de Miguel García, no terceiro posto, e Pilar Vázquez, no undécimo. “A xente nova identifícase co noso xeito de facer as cousas”, asegurou Hermida, “e iso podémolo comprobar polas altas de afiliación que estamos a recibir nos últimos meses”. Neste senso, a formación nacionalista presenta dez suplentes.

LISTAXE ELECTORAL

  1. Xosé Manuel López Hermida (Profesor. Licenciado Universitario en Filoloxía Portuguesa, Licenciado Universitario en Filoloxía Románica e Técnico Deportivo Nivel 2 de Esquí Alpino)
  2. Carlos Fernández Louzao (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Produción por Mecanizado)
  3. Miguel García Rodríguez (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica)
  4. Luísa Pernas Quelle (Oficial de Procurador dos Tribunais. Titulada en BUP e COU)
  5. Laura Vilasa Abad (Empregada no sector servizos. Diplomada Universitaria en Educación Infantil)
  6. Marco López López (Xestor da Admón. de Xustiza. Graduado Universitario en Criminoloxía)
  7. Cristina Lestegás Pérez (Profesora. Licenciada Universitaria en Filoloxía Inglesa)
  8. David Díaz Meitín (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Mantemento e Montaxe de Instalacións de Edificio)
  9. Belén González Martínez (Responsable de Calidade nunha empresa maiorista do sector pesqueiro. Licenciada Universitaria en Matemáticas)
  10. Rodrigo Baño Pena (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Automoción)
  11. Pilar Vázquez Sánchez (Estudante)

SUPLENTES

  1. Augusto Albo Ocampo
  2. Xosé Luís Vale Blanco
  3. Patricia Eijo Gómez
  4. Xosé Antonio Alonso Salgueiro
  5. Natalia Fernández Álvarez
  6. Xosé Lois Iglesias Pérez
  7. Sara Rei Balseiro
  8. Samuel Ben Conde
  9. María Carme Mejuto Urrutia
  10. Xosé Durán Cao

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...