Escrutado o 100% dos votos na Pontenova, o PSOE releva ao PP como primeira forza política, ao obter 666 votos (o 45,4%), 172 máis dos colleitados nos anteriores comicios xerais. Os populares suman 464 sufraxios, o 31,63%, o que supón unha caída de case 16 puntos con respecto a 2016, cando obtiveron o respaldo de 694 electores.
Ciudadanos logrou 82 votos, o 5,59% e Podemos un resultado case idéntico, con 81 sufraxios. Vox entra con forza con 69 sufraxios, que supoñen un 4,70%.
BNG suma 61 votos, o 4,16%, cando partía de 25 sufraxios nos comicios xerais do 2016. En Marea colleita o respaldo de 13 votantes.
A participación aumenta catro puntos con respecto ás eleccións xerais de hai tres anos, do 70,19% ao 74,24%.
TRABADA
En Trabada, o PSOE tamén supera ao PP, tras aumentar dez puntos o seu respaldo electoral, do 29,92% ao 39,97% (de 219 a 305 votos).
Os conservadores perden 107 sufraxios, de 370 a 263, o que supón o 34,47% do escrutado neste 2019.
Moi lonxe queda Unidas Podemos, con 60 votos, o 7,86%, polos 57 que quita Ciudadanos. Vox tamén irrumpe en Trabada, obtendo 41 sufraxios, o 5,37% do total; é o dobre do que recibe o BNG, que acada 20 apoios, o 2,62%.
O VALADOURO
No Valadouro, tamén se percibe a tendencia ascendente do PSOE, que no municipio valadourense tamén sobrepasa ao PP.
Os socialistas pasan de 352 votos en 2016 (o 29,68%) a 482 (o 40,23%) nestas eleccións xerais. Pola contra, os populares perden 140 sufraxios, ao pasar de 544 a 404 (do 45,87% ao 33,72%).
Por detrás das forzas políticas tradicionais do Estado, sitúase Unidas Podemos, con 120 respaldos electorais, lixeiramente por riba do dez por cento. O BNG obtén 69 sufraxios, que supoñen o 5,76% do total -máis do dobre ca nos comicios de 2016-. Ciudadanos suma 58 apoios (4,84%) e Vox 42 (3,51%).
A participación é similar á de 2016, lixeiramente superior. Votaron 1.236 valadourenses, o 72,07%, cando no 2016 fixérao o 70,58% dos censados.